Película narrada en primeira persoa polo seu protagonista, gañadora de
6 Oscar, protagonizada por Tom Hanks e dirixida por Robert Zemeckis, está baseada nunha novela do escritor Winston Groom que narra a vida de Forrest Gump, nacido
en Alabama en 1944, cunha discapacidade intelectual.
Na nosa opinión, sen dúbida é unha das mellores películas do século pasado que vimos, na que destacan a banda sonora e a interpretación extraordinaria de Tom Hanks.
Resulta entretido ver como se cruzan situacións e personaxes reais da historia recente de Norteamérica de maneira natural e ben entrelazada na vida deste personaxe.
Contén drama, acción, comedia, e tamén unha pouca de sorte, pois Forrest Gump triunfa en todo o que fai até acabar sendo millonario a pesar dos seus problemas, o que fai que te manteñas atento á pantalla.
É unha película máxica, que che fai pasar por todos os estados: indignación, polo maltarto sufrido na escola; tristeza cando vai a unha guerra inútil; valoración da amizade, o valor da inocencia, ao coñecer a verdade da súa amiga (mostra o verdadeiro amor); a alegría ao coñecer o coeficiente do seu fillo...e demóstranos que somos o que mostra a película: somos como unha folla ao vento, non sabemos o que o dstino nos traerá...a película provoca moitos sentimentos e fainos pensar. É preciosa, un clásico do cine, moi recomendable porque che ensina que non hai nada imposible e que, por moi longo que sexa o camiño, todos podemos superar as cousas.
Sebastián Garcés, Marina Rodríguez e José Francisco Ures, ESA 4.
Ningún comentario:
Publicar un comentario