Antonia Scott é
especial. Demasiado especial. Non é policía nin criminalista. Nunca empuñou unha arma nin levou unha placa, e, sen embargo, resolveu decenas de crimes.
Pero hai un
tempo que Antonia non sae do seu ático de Lavapiés, un barrio madrileño. As
cousas que perdeu impórtanlle moito máis que as que a esperan fóra.
Tampouco recibe
visitas. Por iso non lle gusta nada de nada cando escoita uns pasos
descoñecidos subindo polas escaleiras ata o último piso.
Sexa quen sexa,
Antonia está segura de que vén buscala, e iso gústalle aínda menos....
Un thriller que
cativou a máis dun millón de lectores.
É o segundo
libro da triloxía de "Reina Roja".
Nesta
continuación, Antonia intenta seguir viva e non ten medo a nada, só a si mesma.
Nunca foi unha persoa que impuxesese ás outras, e nunca foi moi perigosa, pero hai alguén máis perigoso ca ela. Alguén podería vencela. Nesta novela vai ter
moi difícil escapar dos inimigos, xa que a loba negra está cada vez máis cerca.
E Antonia, por primeira vez na súa vida, ten medo.
Esta novela fai
que o lector se enganche máis á trama que iniciou o autor con "Reina Roja" é
tamén fai que cada vez guste máis Antonia Scott.
ESPERO QUE NON
TE ESQUECESES DE MIN ¿XOGAMOS?
Cando Antonia
Scott recibe esta mensaxe, sabe moi ben quen llo envía. Tamén sabe que ese
xogo é case imposible de gañar. Pero a Antonia non lle gusta perder.
Despois de todo
este tempo fuxindo, a realidade acabou alcanzándoa. Antonia é cinturón negro en
mentirse a si mesma, pero agora ten claro que, se perde esta batalla, terá perdido todas.
-
A Raíña é a figura máis poderosa do taboleiro- di o Rei Branco-. Pero por poderosa
que sexa unha peza de xadrez, nunca debe esquecer que hai unha man que a move.
-
Iso
xa o veremos- di Antonia.
O FINAL SÓ É O
PRINCIPIO.
Terceira e última novela da Trilogía de la Reina Roja. Para min, a mellor novela das tres, xa
que a trama me trasladou onde transcorría e a a tensión dura ata o final... Pensades que é o final? Eu espero que non.
Pablo Miñambres López Perea, 2º Bacharelato Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario