Robin Sharma, a través desta fábula, dá a coñecer ideas prácticas para mellorar a nosa calidade de vida; trátase de difundir a sabedoría espiritual de Oriente ás nosas vidas occidentais.
O libro narra a historia dun exitoso avogado que cría que tiña todo até que sufriu un ataque cardiaco que fixo que se cuestionase a súa vida. Vendeu todos os seus bens materiais e marchou á India a atoparse a si mesmo. Coñeceu os sabios de Sivana, onde o yogui Raman ensinoulle un método para explotar o seu potencial e vivir con máis paz, sabedoría e paixón. Despois de regresar á casa, comparte toda a súa sabedoría cun ex compañeiro de traballo.
Neste libro aprendes a cultivar o corpo, a mente e a alma dun xeito máis equilibrado, con pensamentos máis optimistas e positivos, dándolle gran importancia ao tempo, pensando sempre en que e en quen o invistes: investir en bos hábitos.
Un punto moi importante deste libro é que non hai erros, só leccións; isto dá oportunidade de expandirse persoal e espiritualmente. Invita a reflexionar sobre a importancia de marcarse obxectivos e traballar moi duro e vivir sempre no presente e no agora.
Candy Estephany Chino Quispe, 1º Bacharelato Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario