UN LIBRO CADA SEMANA
SEMANA DO 3 AO 7 DE NOVEMBRO
Traio ás vosas mans novamente poesía, esta vez dun autor de
casa. Un poeta galego de casta atlántica. Con sensibilidade ancorada nas vellas
formas, nas Cantigas que estudamos en primeiro de Bacharelato con certa
fondura. Gústalle a Xulio L. Valcárcel o leixaprén.
Tomar e deixar (así por exemplo, toma a derradeira palabra –descoñecidos- e déixaa, póusaa como a
primeira da seguinte composición). Un efectivo galaico modo de facer, de
enguedellar verso a verso, poema a poema. É o recurso por excelencia neste
libriño que hoxe vos aconsello ler: “Solaina da ausencia”.
Escollo para vós unha belida páxina:
De ti, quéda-me o nome.
Sinxelo cristal,
na escuma das copas
volta o teu nome musical
case olvidado.
Abocados ao vacío
en tempestades de fúria,
en abertos estertores
ven o teu nome como unha áncora.
Que hei dicer eu, miña amada?
Todo apodrece nunha néboa
na que seremos ti e eu, amor,
descoñecidos.
(Mª Rosario Soto Arias, membro do equipo da Biblioteca do IES 'Eusebio da Guarda')
Ningún comentario:
Publicar un comentario