luns, 17 de novembro de 2014

UN LIBRO CADA SEMANA


UN LIBRO CADA SEMANA
SEMANA DO 17 AO 21 DE NOVEMBRO.
Son Carolina Ojea e vouvos falar dun libro que me está encantando. Titúlase: “Ellas conquistaron el cielo”. Trata sobre biografías de mulleres aviadoras ao longo da historia. De momento, ningunha española, soamente francesas e americanas; é un costume, este de voar, moi da ‘belle époque’.  E unha paixón arriscada, algunhas morren… Para todas era unha paixón, pero tamén era un traballo, e incluso participaron na Gran Guerra,  pilotaban disfrazadas de home (ata que eran descubertas, por causa dunha ferida, por exemplo), e outras colaboraban na Cruz Vermella.
A min, persoalmente, gustaríame voar. Soa. Pero en realidade o que quero ser inda non o teño moi claro.
 
Volvendo ao libro, levo con el dous días pero xa podo recomendárvolo. O autor é Bernard Marck, un especialista en aviación. Está estruturado en varias partes: a Belle Époque, os tempos loucos, a Segunda Guerra Mundial, as astronautas, e xa de aí en adiante, ata chegar á actualidade, as mulleres que pilotan voos comerciais…
En Galicia houbo grandes aviadores. Coñezo dous homes: Ramón Franco e Joaquín Loriga; mulleres aviadoras galegas, en troques, non coñezo ningunha.
Para rematar xa, espero que se o ledes  vos guste tanto como a min.
                                                               Carolina Ojea, 3º da ESO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario