luns, 10 de novembro de 2014

UN LIBRO CADA SEMANA



UN LIBRO CADA SEMANA


SEMANA DO 10 AO 14 DE NOVEMBRO


Ola, son Arturo Fernández Girón. Un libro que acabo de ler e que me gustou moito é "Sinsajo", a terceira parte de "Los juegos del hambre", a triloxía da autora estadounidense Suzanne Collins. Para entender ben o interese que ten este libro, tes que entrar en materia, tes que partir do que ocorre no segundo libro. Aí, ela volve aos Xogos... Ela e mais o seu compañeiro Pita (Peeta). Cada 25 anos fan unha vasalaxe (ou, en inglés, Quarter Quell), uns xogos especiais... Pero o que tes que saber é que ela, a prota –Katiniss Everdreen- loita contra o Capitolio, a opresión. E non, non está soa nesa loita.

Na terceira parte empeza unha nova guerra, o seu ex noivo planea poñer unha bomba... Non imos rebentar o final.

A historia transcorre nos EEUU nun futuro próximo. O que importa é que o libro está ben escrito e que engancha. Todos están na biblioteca, eu collinos de aquí. Pero agora tamén os teño na casa porque mos van regalando. Nesta serie hai de todo: hai amizade, amor, e sobre todo, ela é moi valente. Non lle importa sacrificarse, por exemplo, para salvar á súa irmá (loita no seu lugar, na area só pode quedar un ser vivo e cando vai en lugar da irmá –que daquela só ten 12 anos- había realmente moito tempo que non se presentaba ninguén como voluntario...).

Eu creo que a sociedade dese futuro que retrata o libro é peor ca esta. Hai distritos, non todos viven igual. Hai 13 distritos. O 1º é moi rico, no 12º xa hai moita pobreza. As diferenzas son brutais, e danse todas dentro do país. Que se hai esperanza? Diría que hai un xermolo de esperanza. A xente coma ela, a xente nova.

Ademais, outro motivo para que che guste, é que hai pelis. Hai versión  cinematográfica.                                                                   
 (Arturo Fernández Girón, 3º ESO)


Ningún comentario:

Publicar un comentario