“Antes
dije que el dolor es una estación de paso. Ahora creo que puede ser también un punto de partida”.
A novela que vos quero recomendar titúlase
En tiempos de prodigios e foi publicada no ano 2006 por Marta Rivera de la
Cruz, unha escritora galega (Lugo, 1970) cunha traxectoria moi interesante.
A obra cóntanos dúas historias: por
un lado temos a Cecilia, unha moza que perdeu recentemente á súa nai, rompeu coa súa parella e se encontra nun
momento persoal difícil e complicado. E, por outro lado, temos a Silvio,
un ancián, avó da mellor amiga de Cecilia, que queda só durante un verán e ao
que Cecilia ten que visitar semanalmente para comprobar que se encontra ben
atendido. Nesas visitas que a protagonista realiza ao ancián irá descubrindo unha
vida e unha historia extraordinaria que percorre España e Europa durante unha
etapa tan tráxica como é o nazismo, a Guerra Civil, etc.
A
historia de Cecilia é a máis conmovedora do libro: a perda da súa nai contada
desde o inicio da enfermidade e como pouco a pouco toda a familia ten que
aceptar a súa desaparición convértese, ao final del libro, nunha marabillosa
homenaxe á nai. Non é un libro que busque emocionarnos porque si, é un
libro que nos emociona porque transmite sentimentos reais, e, aínda que se ten
escrito moito sobre a relación nai-filla, poucas veces me teño encontrado cun
relato tan fermoso sobre este feito.
A historia do ancián Silvio, que vai
debullando os recordos aproveitando unha vella caixa de fotografías que lle vai
ensinando á rapaza que o visita, é fermosa e interesante ao mesmo tempo. Está
chea de personaxes curiosos, de humor, de tristeza, de historia e, en
definitiva, de vida.
Cando a novela vai avanzando, vemos
que Cecilia e Silvio se axudan mutuamente a curar as súas feridas: ela
aprende a aceptar as súas derrotas e o ancián encontra a oínte que necesitaba para descargar a súa conciencia.
Como ocorre en moitas novelas de Marta
Rivera de la Cruz, parte da historia transcurre en Ribanova que é o nome que
recibe a recreación de Lugo nas novelas desta
autora. E este espazo ten sempre un toque máxico e misterioso que, neste caso,
se complementa cuns personaxes peculiares que chegan ao lugar e que nos van ofrecer
unhas historias estupendas.
Non é un libro triste, é unha novela
que, partindo da perda da nai, se converte nun canto á figura materna, a unha vida intensa e dedicada aos demais, é
unha mostra de recoñecemento á súa nai e unha superación da súa perda. Cando encontras
un libro que te fai chorar, rir e desexar que a obra nos termine, daquela deches
cunha marabillosa lectura e iso é o que eu vos recomendo con esta novela.
(María Luisa
Varela Barroso, catedrática de Lengua Castellana y Literatura no IES 'Eusebio da Guarda' da Coruña).
Ningún comentario:
Publicar un comentario