Ola, son Susana Piensos e voume referir brevemente a un dos
meus libros favoritos. É "Crónicas marcianas", de Ray Bradbury. Publicado en
1950, narra a colonización de Marte, por parte dos terrícolas, entre 1999 e
2026. Trátase dunha obra de ciencia ficción que, lida hoxe, época en que se desenvolvería a súa acción, resulta encantadora pola
inocencia coa que pinta as viaxes interplanetarias e a vida en Marte. A obra
está moi ben escrita , alternado capítulos de fermoso lirismo con outros de
áxil estilo narrativo, moi cinematográficos. Pódese desfrutar como obra de puro divertimento pero tamén como
crítica da soberbia do ser humano, que tenta de impor a súa
"civilización" mesmo alí onde xa existe outra. Non podo dicir o que
non me gusta porque me gusta todo; é un clásico da narrativa do século XX
.
Susana Piensos, prof. de lingua e literatura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario