venres, 15 de maio de 2020

Día das letras galegas 2020. Ricardo Carvalho Calero.


Carvalho Calero como educador

Como puiden aprender, a través da lectura dun artigo do "Faro de Vigo", supuxo para min unha gran importancia a faceta como educador que Carvalho  Calero tivo,  entre o resto das súas ocupacións (filólogo, lingüista, sociolingüista, literato e polígrafo). E é que a figura de Carvalho Calero podería considerarse, ao meu parecer, un reflexo dun espírito loitador pola erudición e a sabedoría, conveniente de observar como modelo para  seguir pola súa capacidade de instaurar bos métodos de estudo.

Finalizada a Guerra Civil, Calero foi condenado a doce anos no cárcere de Xaén por separatista. Imposibilitado para exercer a función pública, tivo a sorte de encontrar refuxio como conselleiro delegado no Colexio Fingoi de Lugo, grazas ao filántropo e empresario galego Antonio Fernández López. Por quince anos, Calero foi un verdadeiro educador modélico que seguía os principios da "Institución Libre de Enseñanza*.

Na práctica, actuou como director do centro. Así, desenvolveu estratexias didácticas renovadoras que se traducirían no fomento do amor cara ao idioma entre todo o seu alumnado. Carvalho puxo gran énfase na ensinanza da lingua galega, a súa orixe, evolución, común co portugués, e a historia da literatura. No colexio lucense organizáranse actividades relativas ás danzas típicas galegas, e Calero observaba a presenza do teatro na educación como un método poderoso para instruír a nenos e adolescentes.

Outro dos importantes métodos de estudo que Calero impulsou foi unha educación que non perseguise o memorismo, senón que fose verdadeiramente útil na vida do alumnado. Os libros de texto no Colexio Fingoi non existiran, estaban destinados unicamente á consulta e lectura, impulsando así a habilidade dos estudantes para documentarse por sí mesmos. Ademais, Calero foi defensor da igualdade de nenos e nenas, aos que ensinou a tratarse mutuamente con respecto.

Como é ben sabido, a educación pode ser un método excepcional para  construír unha sociedade culta. Os valores e a ensinanza de Calero mostrarían máis tarde traer bos frutos: foi grazas á  súa dirección como xurdiron interesantes pintores, escultores, literatos e cineastas.

*Algúns principios que perseguira a Institución Libre de Enseñanza (ILE):

·         Despertar o interese  do alumnado cara á cultura e a capacidade de gobernar a súa propia vida.

·         Igualdade de xénero: o trato equitativo de alumnos e alumnas.

·         Rexeitamento dun sistema educativo con exames e castigos.
                                                             C.P, 1º Bacharelato Adultos.



mércores, 13 de maio de 2020

Día das Letras Galegas 2020... Ricardo Carvalho Calero.


 
 
 Ricardo Carvalho Calero, nome co que firmou as súas obras até o seu falecemento,  é un autor galego do século XX. Naceu en Ferrol en 1910. Estudou Dereito e Filosofía e Letras. Foi un escritor e filólogo, mestre de varias xeracións. Durante o primeiro terzo do século XX participou activamente na vida cultural e política galegas. Participou nas máis destacadas revistas literarias e culturais, entre elas "Nós" e, durante a Segunda República, participou na elaboración do Estatuto de Autonomía. O que máis chama a atención na súa figura é a súa loita, a través do ensaio, por manter a cultura e a lingua galegas durante unha etapa tan difícil como o franquismo.
 
                                                     Lucia Roca e Pávila Juliane de Oliveira, ESA 2, Adultos.

martes, 12 de maio de 2020

Unha serie para o confinamento... "Os cen".


 
 
A historia céntrase no que ocorre coa civilización case cen anos despois dunha guerra nuclear. Despois de que ocorrese esa catastrófica guerra nuclear, produciuse unha fuxida dos humanos que conseguiron sobrevivir. O futuro da supervivencia da raza humana está nas mans duns mozos, delincuentes, que conseguiron fuxir e salvarse da guerra; viven, desde entón, nunha nave espacial. Cen son enviados de volta á terra  para investigar e poder estudar as posibilidades de volver a colonizar a terra.
É unha serie que engancha moito, non se fai pesada nin aburrida, todo o contrario, non paran de ocorrer cousas e estou desexando ver un capítulo detrás doutro. É unha serie moi recomendable, doulle un dez. Faiche pensar nos días que vivimos e valorar a natureza e como sobrevivir nela. E, sobre todo, reflexionar sobre o sentido da vida.
                                            Pávila Juliane De Oliveira Santos, ESA 2, Adultos.


luns, 11 de maio de 2020

Comparto con vós...o meu desconfinamento.



Nesta desescalada, en que nos permitiron saír un pouco da xaula, a verdade, eu aínda non me sinto totalmente segura, polo que vexo nos telediarios, xornais, en internet...as aglomeracións de persoas inseguras e ignorantes, moitas das cales están saltando as normas e están tomando as cousas a broma, moitas non o están tomando en serio. Vexo moita xente sen máscara, sen luvas, e moitas pasando das normas como se fose normal e non estivésemos pasando por una pandemia de risco. Entón, eu saio cando teño necesidade de ir ao mercado, farmacias, e de vez en cando paseo arredor da miña casa. Non debemos facer como se fose unha festa esta desescalada porque non é cen por cen segura até que apareza unha vacina. Imos tomalo con calma e paciencia para que non ocorran cousas peores.
O que me deixa contenta é pode ver os nenos libres, correndo e xogando felices, porque eu teño sobriños que viven nun apartamento e velos felices ao saír á rúa, poder respirar un pouco de aire libre, iso non ten prezo.
A verdadeira liberdade  é un acto puramente interior, como a verdadeira soedade: debemos aprender a sentirnos libres ,mesmo na prisión e a estar sós, mesmo na multitude.
                                            Pávila Juliane De Oliveira, ESA 2, Adultos.


domingo, 10 de maio de 2020

Comparto con vós...unha reflexión sobre o confinamento.


 
 
Oiramos falar sobre a Peste Negra, sobre a Segunda Guerra Mundial, de circunstancias que toda persoa cre que non vai experimentar, e aquí estamos, en plena pandemia mundial. Se isto mo chegan a dicir ao empezar 2020, non faría caso, pero estouno vivindo, e iso que pensamos que nunca pasaría, pasou. Ten razón miña nai cando di: "nunca cuspas para arriba".
                                                                         Andrea Caamaño, ESA 2, Adultos.


sábado, 9 de maio de 2020

comparto con vós...vivencias durante o meu confinamento



O 11 de marzo, o día antes de que desen o estado de alarma polo virus, invitei a dúas amigas miñas á casa e montamos unha pequena festa;  logo saímos a dar unha volta pola rúa para despexarnos, foi o último día que puiden saír coas miñas amizades a dar un paseo. O día seguingte  xa non se podía saír cos amigos nin ir de festa e entristeceuemoito, custoume acostumarme a estar na casa tanto tempo e estaba preocupada por como ía seguir o curso. Pasados uns días, comenzamos a recibir traballos e seguir máis ou menos o curso.

A miña vida cambiou por completo. Non podía axudar a miña nai na compra nin visitar a miña avoa,  e menos ver aos meus amigos. Os primeiros días o supermercado era un caos, non había fariña nin alimentos básicos, pero o que máis faltaba era o papel hixénico, quedeime abraiada, as estanterías estaban valeiras totalmente. Co paso das semanas, as noticias comenzaron a darnos instrucións sobre a enfermidade. Os casos empezaron a aumentar moito máis cada día e a xente empezouse a asustar, provocando psicoloxicamente que as persoas teñan medo, polo menos no caso da miña avoa.

No meu caso empecei a usar luvas na compra normalmente, cousa que nunca fixera porque non me gustan as luvas. Como pasou co papel, as luvas e o alcohol sanitario tamén escasearon nos supermercados e farmacias, sendo imposible encontralo e se o encontrabas tiña prezos moi elevados. Como lle paso a miña nai, costáronlle l dúas mascarillas case 5€, unha estafa.

Estes últimos días entramos na primeira fasede desconfinamento, onde se podía saír a pasear e facer exercicio. Eu só saín dous días, un para facer exercicio no parque enfrente da miña casa e outro que fun dar un paseo coa miña nai. Sinceramente, non teño moitas ganas de
saír á rúa, creo que teño o síndrome do páxaro enxaulado, e xa teño como costume estar encerrada na casa e dáme  preguiza saír.
                                 Cristina Vázquez Sánchez, 1º Bacharelato, Adultos.

venres, 8 de maio de 2020

Unha serie cada semana...ou cada mes... "Between".



A serie explora o vacío de poder que se xera cando un goberno crea unha área illada. Jeanette é unha adolescente grávida que vive nunha pequeña cidade que está facendo frente a unha misteriosa enfermidade que matou a todos os maiores de 22 anos. Cando o pobo queda sen adultos, todo se volve un descontrol...Justin decide tomar a responsabilidade ...Ao longo da serie vese como moitos están de acordo e moitos non, xerando moitos conflitos entre personaxes.
 
É  unha serie boa, que lembra os momentos que vivimos e estamos vivindo , xa que un virus mata a xente maior; recoméndoa e doulle un 8. faiche pensar no que estamos vivindo e valorar máis ás persoas.
                                             Pávila Juliane De Oliveira Santos, ESA 2, Adultos.