Esta película de superheroes foi estreada a finais de 2018. Ten unha mestura de acción, drama, humor e un pouco de romance. Gustoume moito porque trata dunha nai que ten dous fillos de mundos diferentes, un, dos océanos e outro da superficie, enfrontándose para non acabar cos seres humanos. Tamén é destacable que se reflexiona moito sobre a contaminación dos mares e dos océanos , perxudicial para todos os animais mariños.
As escenas son incribles, moi realistas, a que máis me gustou e me chamou a atención foi aquela na que se mostra a metrópole xigante da Atlántida chea de cores vivas e animais mariños xigantes, e moitas especies novas que evolucionaron co paso do tempo.
Candy Estefany Chino Quispe, 1º Bacharelato Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario