PUERTO ESCONDIDO
Oliver é un xove
londiniense cunha situación familiar peculiar e unha triste perda, que herda
unha casa colonial, chamada Villa Marina, na costa cantábrica. Nas obras de
remodelación, nunha parede do soto, os obreiros encontran o cadáver dun bebé
acompañado dun obxecto que resulta moi anacrónico.
Tras este
descubrimento, comenzan a sucederse varios asasinatos na zona (Suances,
Santillana del Mar, Santander e Comillas) que, unidos aos resultados forenses
dos cadáveres, poñerán en xaque a sección de investigación da garda civil e
ao propio Oliver, que iniciará unha viaxe persoal e unha carreira contra o reloxo para descubrir ao asasino.
UN LUGAR A DONDE IR
Esta novela é a segunda da Triloxía do Porto Escondido, onde hai unha intriga que mestura a investigación criminal coa vida íntima e familiar. Transcorreron xa varios meses desde que Suances foi testemuña de varios asasinatos que sacudiron aos seus habitantes. Sen embargo, cando parecía que a normalidade chegara para quedar, aparece o cadáver dunha xove na Mota de Tres Palacios, que é un lugar onde se encontran as ruínas dunha construción medieval. A xove vai vestida como unha princesa e nas mans porta un obxecto moi raro. Cando os máis escépticos se plantexan unha viaxe no tempo, van sucedéndose máis asasinatos que parecen estar unidos ao primeiro.
Mentres
Valentina Redondo e o seu equipo investigan o sucedido, Oliver, axudado polo
seu amigo da infancia Michael, buscará sen descanso ao seu irmán que está en
paradoiro descoñecido dende hai uns anos.
DONDE FUIMOS INVENCIBLES
O verán está terminando e a tenente Valentina Redondo anda contando os días para irse de vacacións con Oliver cando algo insólito sucede no centro da vila de Suances: o xardineiro do antigo Palacio del Amo apareceu morto no céspede desa enigmática propiedade. O palacio é a casona con máis historia dos arredores, e despois de permanecer deshabitada durante moito tempo, o escritor americano Carlos Green, herdeiro da propiedade, decide instalarse alí para buscar paz e tranquilidade. Pero esa paz vese truncada polo terrible suceso, e, aínda que parece unha morte natural, alguén tocou o cadáver e Carlos confesa que nos últimos días percibiu presenzas inexplicables.
Pablo Miñambres López-Perea, 2º Bacharelato Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario