Ola,
son Samantha Freire Belgrave e vou falarvos brevemente do libro que estou
lendo. Leal, de Verónica Roth.
Gústame bastante, transcorre nunha versión distópica da cidade de Chicago (tras
unha guerra quedou destruída e houbo que recomenzar…). A protagonista, Beatriz
Prior, rapaza de 16 anos, é diverxente: ten máis aptitudes cá maioría das
persoas, por exemplo, é moi valerosa, moi intelixente… Loita por destruír a
sociedade de faccións que domina na cidade. Eu diría que o tema principal do
libro é que futuro nos espera, aos seres humanos. Pero a triloxía (esta é a
terceira entrega) ten subtemas, como o amor, a amizade, a dor que causa a
morte, o pasado que non volve, e a familia. Recomendo a súa lectura, sobre todo
aos mozos entre 16 e 20 anos.
(Samantha Freire Belgrave, 2º
bacharelato)
Ningún comentario:
Publicar un comentario