mércores, 21 de maio de 2014

CRÓNICAS VIAXEIRAS 1

CRÓNICAS VIAXEIRAS (I)

28 de Abril de 2014 (1º e 2º ESO)
Castro de Viladonga. Mosteiro de santa María de Meira. Pedregal de Irimia e Mosteiro do Salvador de Lourenzá

        Como si se tratara dunha viaxe no tempo, un libro a ler cos pés,  así comenzou o noso periplo pola Terra Cha. A medio camiño entre Lugo e Meira escudriñamos na noite dos tempos un percorrido cos ollos abertos nun espazo castrexo dado a valer.  A descoberta do vivir dos nosos antergos é sinxela, non así recoñecer o camiño andado. O Castro é material didáctico de primeira, unha posta a punto.
        
         A Serra de Meira é un cordal con orientación Norte-Sur. Como seres humanos buscamos o noso norte, o rumbo hidraulico da nosa terra, queremos coñecer as nosas raíces. Son as do Miño, debaixo dunha magnífica morrena glaciar, pisámolas, escoitámolas cal escorrentía baixo os nosos pés, a algo máis de 600 m de altitude. O sol incide nas nosas fazulas poñéndoas coloradas de costas ao Oeste. Despois de mollar os pés loamos, a auga, líquido terreo con connotacións espirituais, xusto aquí, na terra dos mil ríos, donde o zahorí pode tolear coa vara de avelán nas súas mans.
 Regato que afloras, tomas identidade e fachenda, aquí en Irimia desde o teu berce imaxinas e recreas todas as etapas e cursos da túa vida, “ auténtico curriculum vitae” , todos e cada un dos diferentes aportes por ámbalas duas mans ata que te rindes no Mar Océano deslindando entre Galicia e Portugal. Mención especial dos Peares, donde recibes cos brazos abertos ao teu fillo de estirpe cantábrica, o principal (Siniestro Total digno representante da Movida dos anos 80, “…El Sil lleva el agua, el Miño la fama, Galicia nos ama…”). ¡Que sería do Miño sin o Sil! O Miño non tería aportes nivais .O Sil é quen de botar a andar preto do ceo na Cantábrica vertente sur. Os Peares son un digno colofón, unha “Compostela” (documento en latín que expide a Catedral de Santiago a todos os peregrinos que compren unha serie de requisitos)  para o peregrinante Sil, o Pai Miño recibeo cos brazos abertos no Pórtico da Gloria, así como nós agardamos con esperanza o fin dos tempos alentados pola salvación asinada en pedra polo Mestre Mateo, ¡que gran legado!
                                               Antonio Fondo (Coordinador do equipo da biblioteca)


Ningún comentario:

Publicar un comentario