Ola.
Son Xosé Santos e vou preguntarlle á miña profesora de galego do ano pasado, e tamén
dos cazatesouros deste ano, Charo Soto, que
está lendo agora.
-Agora
mesmo? Estou lendo Leonel, de Antón
Cortizas.
-E
gústache?
-É un
libro para rapaces, para adolescentes. Gústame si, igual o ano que vén
traballámolo no Club de Lectura.
-Que é
o que máis che gusta do libro?
-Moitas
pequenas cousas. As palabras, hai moitas que non coñecía, é bonito aprender
novas voces. Por exemplo: apichalrado,
zarrapechada, cícaras… Incluso o cimbro,
nunca o oíra… E logo está o contido etnográfico que se chama, tamén me inspira. Sempre (ficou atrasado, coma quen leva a aña). Pero non é só iso o que temos que
valorar no libro. Están as ideas que fan pensar, os froitos amargos da
emigración, as reflexións que nacen da alma sensible dun adolescente. Cando se
cumpren moitos anos, case se esquece o significado desa etapa da vida. En fin,
a ver se falo moito…
-Entón,
recoméndasnos que o leamos?
-Por
supostísimo. Vale. Grazas por todo, Xosé.
-Igual
digo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario