martes, 1 de decembro de 2020
Un libro cada semana...ou cada mes..."Todo esto te daré "
domingo, 22 de novembro de 2020
Un filme cada semana...ou cada mes... "Érase unha vez ...en Hollywood"
Rich Dalton, a estrela dun western televisivo, deberá asumir o paso do tempo, e xunto á axuda do seu mellor amigo e dobre, Cliftt Booth, vivirán e intentarán superar os cambios dos anos 60 estando ligados a Hollywood.
Tarantino deixa a súa característica pegada neste gran thriller de toque humorístico, baseado nos asasinatos da "familia Manson", protagonizada por Brad Pitt e Leonardo di Caprio.
Esta película é excepcional por como Tarantino acumula suspense e estrés ao longo de toda a longametraxe para finalmente estoupar cun desenlace inesperado e satisfactorio.
Ismael Khairou, ESA 3, Adultos.
domingo, 15 de novembro de 2020
Un filme cada semana...ou cada mes..."O rei León"
Trata duns animaliños e da supervivencia, e do ciclo da vida e das súas funcións, da nutrición, das relacións e da reprodución; para min é moi intrigante e interesante e recoméndoa para todos os públicos, sobre todo para os nenos; xa que son debuxos, considérase cine infantil.
Gústame moito, é moi entretida, recoméndolla a todo o mundo. Gañou un Óscar e eu daríalle cinco estrelas.
Roberto Alfonsín García, ESA 1, Adultos.
domingo, 1 de novembro de 2020
Un filme cada semana...ou cada mes..."Dezaito agasallos"
Son dúas historias, dúas vidas
unidas por algo máis forte que o destino, o sangue.
O vínculo indestrutíbel entre nai
e filla, unha filla á que non coñecía, Elisa, a "nai" á que se lle
diagnosticou un cancro terminal meses antes de dar a luz.
Co cal Elisa buscou un xeito de que a súa filla
sempre a recordase e decidiu darlle 18 agasallos á súa filla ata que fose
maior.
O día do parto, Elisa morre sen coñecer á súa
filla, que crece coa ausencia da nai, o que afecta a súa vida e causa sufrimento, converténdose nunha moza
rebelde de carácter autodestrutivo.
No seu 18 aniversario debido á súa rebelión,
rexeita recibir o último agasallo que lle deixara a súa nai, fuxindo de casa e
tendo un accidente mortal; para a súa
sorpresa a que conduce é a súa nai embarazada. Este evento fará que as liñas de
tempo pasadas e futuras se entrecrucen e ambas teñan a oportunidade de
compartir xuntas o ansiado tempo.
A miña opinión persoal é que ás veces a vida
non sempre é como a queremos, ás veces o que para algúns é pouco para outros é
moito; simplemente debemos agradecer, e
máis á xente que moitas veces quere
facer a nosa vida, con moito sacrificio, mellor, valorar a boa xente e os bos pais
que día a día loitan por darnos un futuro mellor.
Sebastián Garcés, ESA 3, Adultos.






