O libro foi
publicado no ano do bicentenario do Museo do Prado, e empeza na época da
construción do museo, e xusto case na inauguración, prodúcese un asasinato nas
galerías subterráneas do museo, copiando un cadro dos que se van expoñer na
inauguración. Douscentos anos despois, no ano 2019, con motivo do bicentenario,
a dirección do museo propón facer un concurso con cinco copistas elexidos por
sorteo para copiar cinco grandes obras expostas todo o ano. A medida que
vai pasando o tempo, cada un dos copistas eé asasinado tal cal o cadro que está
copiando, e este misterio ten que ser resolto pola copista máis lista axudada
por un investigador xove que vai ser de moita axuda.
Este libro
gustoume moito porque é unha novela negra escalofriante que te mete na historia
dende o principio e te obriga a percorrer todo o Museo do Prado; tamén porque
fala sobre a arte española, que para min é importante coñecela.
Pablo Miñambres, Bacharelato Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario