Acaba de celebrarse o 50 aniverasrio da morte de Mao Tse-Tung, e, aínda que a China actual evolui, supoñemos, bastante nestes anos , segue resultando interesante a lectura do libro No galo de Ferro, de Paul Théroux, cuxa recensión, unha das máis antigas publicadas no blog, recuperamos.
Viaxamos á China post-maoísta (1986) acompañando a Paul Théroux, que colle o tren en Londres, atravesa Europa e chega a Rusia, onde colle o Orient Express, que o levará a Mongolia. Percorre despois toda China e finaliza no Tíbet.
A viaxe é longa e interesantísima, por veces incómoda (ese frío, imposible de evitar...) Théroux fala con todo tipo de viaxeiros, que ofrecen unha visión entre crítica e desencantada, da chamada "revolución cultural"(sorprende o pobre concepto que, en xeral, teñen de Mao). Chámanos tamén a atención que habitualmente o viaxeiro vai acompañado de "guías" subministrados polo goberno, que se encargan, supoñemos, de que non "investigue" máis da conta...
China móstrase como un país complexo, variado, chocante en moitos aspectos. A impresión é que Théroux non se sentiu a gusto; de feito, case ao final, menciona Lhasa, a capital do Tíbet, como o único lugar onde desfrutou e que lamentou abandonar. En todo caso, acompañalo no galo de ferro resultou unha experiencia estupenda.
S. P.

Ningún comentario:
Publicar un comentario