Unha película de 1996 de xénero dramático, dirixida por Scott Hicks e protagonizada por Geoffrey Rush. Conta unha historia baseada na vida real de David Helfgott, un extraordinario pianista. David creceu no seo humilde dunha familia xudía de orixe polaca. A súa vida estivo marcada por un pai moi severo que deixou unha forte pegada na súa personalidade, minguando a súa capacidade para relacionarse coa sociedade. Un día decide deixar a casa familiar cando recibe unha bolsa para estudar nunha prestixiosa escola de música. O profesor de David decátase inmediatamente do seu extraordinario talento, pero unha mala nova, ademais do duro traballo na escola, fan que David caia nunha enfermidade mental. Despois de pasar uns anos nun hospital de saúde mental, David atopa o amor en Gillian, unha astróloga que, grazas ao seu agarimo e comprensión, fai que David recupere a súa relación coa sociedade, comezando a dar concertos nos que fai gozar á xente da súa música. Algo que fai que complete a David e se sinta cheo.
É unha película que recomendo ao cento por cento, onde se revelan os valores humanos e a capacidade de superación.
José Francisco Ures. 3º ESA, Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario