Laurie non cre no amor a primeira vista. Ela pensa que unha cousa son as películas e outra a vida real. Non obstante, un día de decembro, os seus ollos atopan os dun descoñecido pola fiestra dun autobús. A maxia xorde e Laurie namórase totalmente, pero o autobús arranca e continúa o seu camiño polas rúas nevadas de Londres.
Está convencida de que el é o home da súa vida, pero non sabe onde atopalo. Un ano despois, a súa mellor amiga, Sarah, preséntalle a Jack, o seu novo noivo, do que está moi namorada. E si, é el: o rapaz do autobús. Laurie decide esquecelo, pero...e se o destino ten outros plans?
Este libro atraeume pola súa portada e pola súa sinopse. Desenvólvese en capítulos determinados por datas, onde xorden as voces de Laurie e Jack, o que nos permite coñecer os pensamentos e sentimentos mutuos. Isto pode facer que a historia se desenvolva máis lenta, pero tamén nos deixa momentos emotivos e divertidos.
Para min o final é curto; despois de todo o que sucede, creo que cun ou dous capítulos máis cos detalles que creo que á maioría dos lectores nos gustaría saber, sería un mellor peche da historia.
Como novela catalogada de romántica, paréceme que carece de romance.
Este libro recórdame a unha película que vin hai uns anos chamada "Algo prestado", onde a mellor amiga da protagonista se convirte na moza do rapaz que lle gusta á protagonista.
A lectura foi entretida e fixo sufrir en varias partes, o único malo que podo dicir é que o final é demasiado rápido, e que te deixa desexando máis detalles.
Laura Lombardero Gestal, 1º A Bacharelato Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario