Sentimentos encontrados, confidencias e
revelacións; es ti o tipo de persoa que goza deste tipo de lecturas? Pois ben,
cómpre informarte de que estás a ler no sitio axeitado!
Sonia é a acompañante de David na súa
viaxe, mostrándolle os lugares máis destacados desa zona. Cando van asinar o
pacto da casa, os compradores deciden adiantar a data de “entrega” da mesma,
feito que Sonia non apoia, defendendo que tiñan as cousas xa planeadas e que se
querían adiantar a data deberían de entregar máis cartos. Nun principio, a familia asustouse por medo a perder todo o
ofrecido; non obstante, era obvio que a Sonia avogada comezaba a mostrar a súa
capacidade de persuasión, tendo en conta que saíron vencedores. David informa a
súa nai do incremento dos beneficios grazas á boa xestión da súa curmá.
O segredo da casa de Formoso (Héctor Cajaraville) é unha obra que nos
adentra na vida de David, un mozo que vive cos seus pais, Carmiña e Ermelio.
Este comezará a estudar a carreira de informática, cando remate o verán. A
familia da súa nai ía vender a casa familiar, de maneira que a eles lles
tocaría unha parte dos beneficios. Pero, ... Tería esta casa unha historia
agochada? Significaría algo para eles? Por causa dos horarios laborais da súa
nai, é David quen ten que facerse cargo
de ir coller o diñeiro a Galicia, lugar onde habita a familia. Vano recoller ao
aeroporto. A súa curmá Sonia e o seu tío Pastor. Despois, tamén van buscar a
Sara, nai da familia. Así, lévano ata a súa enorme casa e o rapaz se
decata de que non deben ter moi boa relación coa irmá de Sonia, Lucía, polos
comentarios escoitados ata o momento.
Deciden realizar un xantar na casa todos
xuntos, lugar no cal residen Sonia e David a partir do dito momento. No faiado
David consegue o caderno de comuñón que a súa nai lle pedira.
No momento en que a familia de Sonia e
mais David ían xantar, Sonia vese obrigada a irse por motivos de traballo e
David aproveita a ocasión para investigar no faiado, lugar onde descobre
información sobre o seu avó en relación con París e decide ir ao arquivo de
Sinancas para rematar de investigar. Encontraría o noso David algo peculiar na
achega de información? Acharía neste momento unha historia escondida tras este
fogar? Efectivamente , de acordo coas críticas dos veciños, a visita
confirmoulle que o avó conseguira os territorios por culpar a un veciño seu,
feito polo cal non tiña unha excelente reputación entre a veciñanza.
Sonia lévao a Baiona, lugar no cal David
lle confesa o que atopara, quedando esta abraiada. Ao cabo dun anaco, Sonia
recibe a noticia de que ao día seguinte terán que recoller a Lucía no
aeroporto. Ao recibila, parece que David e ela non se levarían ben a causa de
ter un malentendido. Na casa, os pais non recibiron con alegría o cambio de aspecto
que Lucía levaba. Sonia leva a David á festa que lle prometera e, tras rexeitar
a invitación da azafata do aeroporto coa que falara anteriormente de ir con
ela, confésalle a Sonia que lle gusta e bícanse.
Lucía déixalles intimidade para despedirse
no aeroporto e decide quedar na casa. David e Sonia prométense un reencontro.
Aínda que as cousas non saíran coma nun conto de fadas, o rapaz tivo a sorte de
atoparse con Andrea e Heider, as súas compañeiras do voo de ida, que lle
fixeron a volta moito máis amena e divertida.
Lembrade:
A mellor sensación
pode chegar sen
intención,
nunha inesperada
situación,
non todo cumpre o
pensado,
mais sen telo
planeado
pode haber éxito
asegurado.
Como no caso do noso compañeiro,
mellor que Galicia nin era o diñeiro,
pois o recordo que de alí levaba
era algo para sempre;
mentres que a familia que alí deixaba
a levaba na súa mente.
Candela Martínez Ramos
1º Bach A, Diúrno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario