venres, 17 de xaneiro de 2020

Un libro cada semana...ou cada mes..."Pepa A Loba"



   A historia trata dunha muller chamada Pepa, e máis adiante Pepa a Loba. Conta como foi a  súa vida, desde que era nena ata que foi maior.
   Ao principio da historia, Pepa é condenada a prisión, e alí conta a súa infancia a unha compañeira do cárcere chamada Carmen Valiño, e explica o seu odio cara a Aurelio Maraño, xa que coñeceu ao irmán de Aurelio, Tomás, quen lle dá a oportunidade de estudar e así coñecer a Daniel Couso, o seu amado. Mais cando é condenada a prisión pola suposta morte de Tomás, ela escapa, reúnese con Daniel e foxen, viven una tempada de ladróns, pero rouban á xente que conseguía a súa riqueza enganando, subindo os impostos...aos demais cidadáns, como por exemplo o Fidalgo de Baltar,  Cosme Grandamonte  ou don Fendesvindo Tizón (párroco de Trasmonte).
   O libro non me resultou como esperaba, mais non me defraudou. Gustoume a evolución da historia, a forma de contala fai que queiras seguir léndoa para saber como remata. Recoméndoa, é unha lectura doada, e a historia, como dixen, é entretida.
                                                                       Laura Lombardero Gestal, 1º Bacharelato A.  Adultos.
   
  

Ningún comentario:

Publicar un comentario