domingo, 26 de xaneiro de 2020

CASTELAO, SEMPRE...



   Buenos Aires, 22 de decembro de 1949.
                                                                                                                
                                                                                                                      
 
Para quen o lea:
Hoxe fai un bo día, mais non me atopo moi ben. Esta tos, este desacougo, próstranme na cama durante días e xa non aturo seguir lendo, mais distráeme moito escribir. Tiña pensado comezar unha nova historia, aínda que non creo que teña as forzas necesarias para facelo.
Xa estou a divagar como se fose un vello, así que centrareime en escribir un pequeno resumo dos meus logros até o momento, cando menos dos que máis lembranza teño. Comezarei polo principio. Polo meu nacemento, aínda que este foi máis ben un logro dos meus pais.
Nacín en Rianxo, na provincia de A Coruña, no ano 1886, co nome de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, aínda que máis adiante, o que agradezo moito, chamáronme só Castelao. O meus máis notables oficios foron o de político, escritor e pintor e debuxante, mais tamén exercín como profesor. Algúns tamén me consideran, xunto con Otero Pedrayo, un dos creadores da prosa galega moderna...din mesmo que son o máximo representante do nacionalismo galego de signo progresista, o que enche o meu peito de orgullo e morriña.
Xa estou desvariando. Mellor sigo.
Estudei e licencieime en Medicina en Santiago de Compostela; tamén colaborei na creación dun semanario, "O Barbeiro Municipal", no que colaborei entre 1909 e 1914. Máis adiante fun membro do corpo técnico do Instituto Xeográfico e Estatístico, e profesor auxiliar de debuxo no Instituto de Pontevedra.

Aos 28 anos uninme ao movemento Acción Galega, no ano 1912, co obxectivo de espertar a conciencia de clase do campesiñado e do proletariado galego. Tamén pasei a formar parte, neses mesmos tempos, das Irmandades da Fala, en 1916. Recoñezo que grazas a iso, o meu pensamento madurou até desembocar, de forma aberta, no sentimento nacionalista que teño agora. Nese mesmo ano comecei coas exposicións de arte e gañei a segunda medalla na Exposición Nacional de Madrid co meu óleo "Os cegos".
Sempre pensei que os meus debuxos e pinturas amosan moi ben o realismo, como os meus escritos, cheos de humor e ironía, mais tamén de tristeza e morriña.
En 1917 abandonei definitivamente a pintura de gran formato coa miña obra "A tentación de Colombina", para entregarme máis ao debuxo e a obra gráfica. Lembro traballar para moitos xornais como debuxante, e mesmo cheguei a firmar series sobre determinados temas, como "Galicia Mártir".
Sentíame moi cómodo coa prosa, que utilizaba como medio natural para desenvolver a miña obra gráfica, así que desde 1922 traballei no "Diario de Galicia". Sempre que podía, debuxaba paisaxes da miña terra, como aquel hórreo que máis adiante foi aceptado como anagrama pola editorial Nós.
En 1926 publiquei "Cousas", o meu primeiro libro, composto por relatos breves; desde ese ano fun membro da Real Academia Galega, e nas Cortes Constituyentes da República nomeáronme  deputado e participei na elaboración do proxecto do estatuto galego.

No ano 1934 sufrín o desterro, cando gobernou o fillo de p....de Lerroux, aínda que regresei dous anos máis tarde, no 36, coa victoria do Frente Popular.
E cando pensas que xa tes dabondo, estala a guerra civil  e foi cando rematou, en 1939, cando tiven que marchar e fomar parte do goberno republicano no exilio, presidido por José Giral.
Nunca me gustou estar fóra do meu fogar, aínda que no primeiro desterro puiden sacar tempo e publiquei outros libros, "Os dous de sempre" e "Retrincos".
Falando de escritos, no ano 41 escribín, en calidade de dramaturgo, "Os vellos non deben de namorarse". E, tres anos máis tarde, en 1944, o meu célebre ensaio "Sempre en Galiza", o cal penso que reflicte moi ben o meu ideario político-social.
No ano 46 establecinme en Paris onde vivín até hai moi pouco, até agosto do 47. Despois vin para aquí.
 Seguro que esquezo moitas cousas, pero non me atopo moi ben. Quizais escriba outro día. Ou quizais non. Nunca se sabe. Quizais algún día poida volver á casa. Volvo a divagar. Será mellor que durma un pouco.


Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao ha fallecido recientemente, a día 7 de enero del año 1950. Su cuerpo será enterrado en el cementerio de La Chacarita.

A Coruña 1984.
Os seus restos mortais foron trasladados novamente, e agora descansan no Panteón de Galegos Ilustres, en Santo Domingo de Bonaval, en Santiago de Compostela, na provincia de A Coruña, Galiza.

                                                                     Jorge Lorenzo Maceiras. 3º ESA, Adultos.








 
 .


Ningún comentario:

Publicar un comentario