venres, 15 de maio de 2015

CONMEMORACIÓNS: Día das Letras Galegas 2015



DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015.


(Fotos tomadas da Internet, alusivas ao homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas, o polígrafo Xosé Filgueira Valverde, a quen vemos na histórica foto de arriba o primeiro de pé pola esquerda)
 

Hoxe celebramos na Biblioteca a entrega de premios do Concurso Gañapuntos e mais a entrega de premios do II Concurso de Microrrelatos.


O Concurso Gañapuntos tivo como vencedora a Alicia Cabana, quen recibiu tres tomos da obra de Manuel Antonio, un primeiro tomo de Poesía, un segundo de Prosa e un terceiro tomo coa súa literatura epistolar. Un luxo de edición, levada da man do académico Xosé Luís Axeitos Agrelo. Tres libros da colección ‘Clásicos da Academia’ que podemos entregar merecidamente a Alicia, á nosa alumna de 3º da ESO, mercé á xenerosidade da Fundación Barrié da Coruña.

 (Portada da edición dun dos tomos con que puidemos agasallar aos nosos alumnos premiados este ano, mercé á xenerosidade da Fundación Barrié da Coruña)

Os mellores micrrorrelatos foron dous: un en lingua galega (A fronteira) da autoría de Marcos Freire, alumno de 1º da ESO, e outro en lingua castelá (Las lágrimas resbalaban lentamente) da autoría de Sergio Tojeiro, alumno de 3º da ESO. En ambos os dous casos debemos subliñar a sensibilidade acusada e a actualidade do tema, factores que nos fan confiar aínda na mocidade e no futuro. Foron galardonados cun vale (Vale por un libro ou unha película, xa vos contaremos o que escolleron).


A nosa B. E. encheuse de boa xente. A entrega de premios estivo presidida pola Directora do Instituto, Dª Isabel Ruso e polo bibliotecario, o prof. D. Antonio Fondo; estaban tamén presentes a vicedirectora, Dª Mª Rosario Soto,  a prof.-titora de Alicia, Dª Susana Piensos, a prof. de Lingua castelá dun dos premiados, Dª Mercedes Rey,  e o prof. de Lingua galega do outro premiado, D. Xosé P. Mondelo.

 (Alicia Cabana, á esquerda, acompañada dalgúns compañeiros de aula, colaboradores varios deles do blog 'ofarodesofia'; á dereita vemos tamén a Marcos Freire, un dos gañadores do II Concurso de Microrrelatos)

O xurado do certame de Microrrelatos estivo composto polos seguintes profesores: Dª Mª Sonsoles Fernández, D. J. Luis Gundín e Dª Beatriz Moreno.


Para rematarmos, houbo tamén entrega de libros, agasallo unha vez máis da Fundación Barrié, para os alumnos fieis do Club de Lectura do curso 2014-2015.
(Foto de Mario S. García)

Ningún comentario:

Publicar un comentario