domingo, 26 de setembro de 2021
Un libro cada semana...ou cada mes..."O profesor"
domingo, 19 de setembro de 2021
Unha serie literaria e cinematográfica cada semana...ou cada mes..."Harry Potter"
En principio Harry Potter é unha serie de libros nos que o protagonista trata de descubrir quen matou aos seus pais grazas a un espello que descobre no instituto...A partir de aí, e xa tamén en filme, todas as aventuras dunha serie que non é só de magos, senón que fala tamén de competitividade, amizade, honra e capacidade de perdón.
Esta serie gustounos a millóns de persoas que fomos medrando con cada un dos libros e cada unha das películas que conseguiron unir a diferentes xeracións , grazas aos seus pintorescos personaxes, dos que observamos como falan, como se senten, todos descritos coas súas personalidades e caracterísitcas diferentes.
M.V. Adultos.
domingo, 12 de setembro de 2021
Un filme cada semana...ou cada mes..."Múltiple"
Debido a un trauma na primeira infancia, Kevin sofre un trastorno disociativo de identidade (DID), máis comunmente coñecido como Trastorno de Personalidadeúltiple. Dentro del conviven 23 identidades diferentes. Entre elas están as personalidades de Barry, un aspirante a deseñador de moda; Dennis, un obsesivo-compulsivo que sempre foi subestimado; Hedwig, un neno traveso de nove anos, e Patricia, unha muller de gran autoridade que actúa sospeitosamente amable. Para facer fronte ao seu trastorno, Kevin recibe axuda do doutor Fletcher, un psiquiatra que dedicou a súa vida a defender a xente con DID. O problema xorde cando algunhas das personalidades máis problemáticas de Kevin elaboran un plan cun misterioso e nefasto propósito. É entón cando Dennis secuestra a tres mozas adolescentes. E axiña os prisioneiros, dirixidos por Casey, atópanse nun búnker subterráneo e as súas vidas dependen deste peculiar captor con personalidades cambiantes.
O ritmo, perfecto. Pasan os
seus 152 minutos sen notalos e as escenas lentas e rápidas mestúranse para
marcar un paso coa consistencia suficiente para non aburrirse en ningún momento.
As escenas construíronse coidadosamente, a súa disposición e iluminación xogan
un papel importante na forma en que a cámara as captura e as mostra aos
espectadores.
Os entornos, o suficientemente
brillantes como para saber o que está pasando pero sen a luz para ver todo, deixan sombras en case todas as escenas e os primeiros planos da cara
convértense nunha característica fundamental da película. Aínda que estas tomas
compleméntanse con escenas máis abertas nas que o único que se pode mirar son
as caras dos protagonistas.
Múltiple mantén en todo
momento a tensión de descubrir quen é o verdadeiro protagonista da película.
Por un lado está Kevin (ou calquera das súas 23 identidades) e, por outro, as
rapazas secuestradas, Casey Cooke, e das que os flashbacks recorrentes nos
amosarán o seu pasado e o que ten que ver co presente.
En conclusión, é unha película
espectacular en que temas como trastornos psicolóxicos e sobre naturais son
tratados e na que os actores destacan as súas habilidades actorais (especialmente
Kevin, que ten que cubrir 24 papeis).
Recomendo ver esta película un fin de semana
mentres goza dun saboroso pudin.
Francisco Santiago Montero Rieiro. Adultos.
domingo, 5 de setembro de 2021
Un libro cada semana...ou cada mes..."O clube do crime dos xoves"
Nun tranquilo
complexo residencial para xubilados, catro improbables amigos reúnense unha vez
por semana para investigar antigos casos sen resolver. Eles son Ron o Roxo ,
mítico activista dos anos sesenta e setenta que non perdeu as súas ganas de liortas; a doce Joyce, unha enfermeira viúva non tan inxenua como aparenta;
Ibrahim, un veterano psiquiatra cunha incrible capacidade de análise, e a
tremenda é enigmática Elisabeth, quen, aos seus oitenta e un anos, lidera este
grupo de detectives afeccionados.
Cando un
promotor inmobiliario da zona é atopado morto, este peculiar "clube do crime dos xoves” encóntrase co seu primeiro caso actual. Chegou o momento de
que estes octoxenarios saquen os seus ases da manga e demostren aquilo do que son
capaces de facer.
Na miña opinión, esta novela está moi ben para divertirse e pasar un bo momento se levas moito
tempo lendo, e tamén é moi boa para empezar a collerlle o gustiño á lectura.
Pablo Miñambres López-Pereda. Adultos.
domingo, 29 de agosto de 2021
Tres series cada semana...ou cada mes..."Lupin" , "Brooklin 99" e "Legacies"
Baseada nos libros do francés Maurice Leblanc, a serie conta as aventuras de Assane Diop, admirador de Lupin e que o toma como exemplo e busca sobrevivir co que aprendeu nos libros protagonizados por este ladrón de "luva branca", do que se transforma en discípulo espiritual grazas aos libros que gardara seu pai, levado a prisión por un crime que non cometera...
É unha serie estadounidense, unha comedia policiaca. A serie xira en torno a Jake Peralta, un talentoso e inmaturo detective na ficticia comisaría 99 de Brooklyn , quen frecuentemente entra en conflito co seu oficial ao mando.
É unha excelente comedia; cada actor dá o seu toque especial, xusto e necesario para desenvolver a trama. Os romances non son forzados e a maioría dos chistes son moi graciosos.
É unha das miñas series favoritas, xa que está chea de aventura, maxia e moitas sorpresas. O meu personaxe favorito é Hope, e espero que nas próximas temporadas saque o seu lado Mikaelson e nos mostre o poderosa que é.
Hanan Al Mansouri, 1º Bacharelato Adultos.
domingo, 22 de agosto de 2021
Un libro cada semana...ou cada mes..."La librería del señor Livingstone"
Agnes Martí é
unha xove arqueóloga de orixe barcelonesa que se muda a Londres en busca dunha
oportunidade. Pouco tempo despois de chegar á cidade, é sorprendida por unha
forte choiva mentres pasea polo barrio do Temple e refúxiase nunha libraría moi
especial chamada Moonlight Books. Edward Livingstone está buscando unha
axudante e, no tempo que Agnes tarda en secarse e tomar unha taza de té, ambos
comprenden que non é casualidade que sexa precisamente ela quen chamou á súa
porta.
A medida que
pasan os días, Agnes vai descubrindo o carácter rosmón do seu novo xefe, as
excentricidades da súa clientela habitual e o encanto desta pequena pero gran
libraría. Até que un día, un dos libros máis prezados das estanterías
desaparece e o inspector de policía John Lockwood entra en escena para facerse
cargo da investigación e revolucionar a tranquila vida de Agnes...
Unha historia
para todos aqueles que sentiron que alguna vez a literatura os salvaba.
Pablo Miñambres López Perea, 2º Bacharelato Adultos.


















