martes, 2 de xuño de 2015

CRÓNICAS VIAXEIRAS



De Coruña a Oseira, as catro provincias galegas (14-V-2015)

(Ventosa. Interior da igrexa)
(Ventosa. A fachada da igrexa)

(Ventosa. A afamada tenda do bacallau, onde nos agasallaron coma a reis)
 
         Saímos pouco despois das 8 e media da nosa cidade con ánimo de percorrer corredoiras da nosa xeografía, vieiros históricos con arrecendo espiritual. Pegadas que van gravando esa maneira nosa de ser.
            Partimos en tres autobuses, 132 rapazas e rapaces de 1º, 2º e 3º de ESO xunto con 6 profesoras e profesores. Presentábase diante nose unha xornada que non nos ía defraudar.
            Nunha primeira etapa marcamos rumbo N-S na nosa rosa dos ventos, de Coruña a Ventosa (A Golada-Pontevedra), sinalando a nobiliar Betanzos, a ferroviaria estampa de Oza dos Ríos xunguida municipalmente con Cesuras, a primixenia Curtis-Estación, ¡canta xente alí confluía para deixarse levar sobre os raíles de ferro, brincadeira de ritmo alegre que marcaban as locomotoras de vapor! 

 (Vacas chegando a Oseira: marabillas do país, pasmo da rapazada)

Proseguimos por Vilasantar, Sobrado dos Monxes e Boimorto, atravesamos o Tambre como arietes embelesándonos en crónicas medievais dos condados de Présaras e de Traba, de Pedro de Mezonzo e mesmo da familia de Rosendo. Cada recanto do río marca unha páxina da historia, un documento, un territorio vertebrado ao son do Camiño Primitivo ou do Norte.
            A esquerda divisamos o Bocelo, deslinde natural entre Sobrado e Toques, ecos da Reconquista no san Antolín, castrexos vestixios na Graña e contos frescos da Fervenza de Brañas adobiados polas longas noites de miñada na invernía dos tempos.
            Chegamos a Melide, fendemos o Camiño Francés, que segue o camiño solar (E-W), conexión intermodal (antigamente cruce de camiños), Compostela dista dúas xornadas e media. Patrimonio artístico e gastronómico con recordatorios do terremoto de Lisboa.
            Seguimos cara o Ulla, recíbenos Santiso na Ponte Arcediago, topónimo de connotacións clericais, como tantos outros en Galicia ou na península ( Pobra do Deán, Deán pequeño, Frades, sobrado dos Monxes, Horta da Fraila, Picón del Fraile, Huerto del Cura,…)
            Entramos na provincia de Pontevedra pola Golada, terra de tratantes, gandeiros e de feiras ao abrigo dos Pendellos, bosque mediterráneo de sobreiras, fazulas que desaugan no Arnego, mensaxeiro digno do Ulla. Facemos parada en terras de Lope de Ventosa para poñer orde no conxunto de esculturas e pinturas da “catedral do rural”, do “Vaticano galego”, dese catecismo en pedra, san Xian de Ventosa. Para atender as necesidade fisiolóxicas e saborear un bo café de pota, acudimos a un establecemento único, “Casa Sidorio”, “un todo que hai”, fornecido de viandas e de diferentes enseres, lareira prendida ao pé do camiño; amabilidade a esgalla, simpatía e bon trato son o ADN desta familia que entende o comercio como un servizo, case sempre aberto: “o Corte Inglhés sen escaleiras”.
            Co alento na caluga do Farelo seguimos na percura do Turubelo por Terras de Camba ata Rodeiro, pasamos Adelán e sortemos o río Achacán, para faldear o monte Faro, onde desfrutamos do seu plisado, das súas tablas ondeantes polos muiños de vento.
            Ao pouco entramos na provincia ourensá, pasando por Furco e Confurco, valgada anunciada e vertebración do territorio, o lugar de Pobadura nas ladeiras do sinuoso río Oseira, excelsas rubias galegas camiñando pola senda ou pacendo a discreción. Por fin, Oseira, nove séculos de interrompido asentamento monástico. Poñemos a sortes a nosa integridade física ao deambular polas poldras do río. Entramos no bar Venezuela, atraidos polo arrecendo a matanza,  loureiro seco e fume de carballos. Un aroma destilado en celstiais chourizos pendurados do teito. Son de verdade!
 (Chegando ao mosteiro)

(A fastuosa entrada ao mosteiro de Oseira)
(Escoitando as palabras do noso guía)

            Da man dos irmáns Luis e Alfonso, percorremos cos nosos pés a historia da abadía: avatares, exclaustracións,desamortizacións, abandono, volta a ser habitado. Chama a atención en nós o san Famiano, primeiro santo da Orde do Císter; despois de ser amamantados pola Virxe do leite, Nosa Señora real de Oseira, ao igual que san Bernardo de Claravall, recibimos unha “lectio philosophica Neoplatónica” na sancristía, “sá das palmeiras”, conexión do pensamento clásico cunha filosofía de vida, o Cristianismo.
            Destaca a súa feitura, a arquitectura, o coro. No deambular polas distintas estancias sorpréndenos o refectorio, improvisado museo arqueolóxico, pezas de feitura única, inxenios hidráulicos que encaixan á perfección, para o aproveitamento e condución do manancial, son precursores no uso sanitario da auga corrente.
 (Interior da igrexa cisterciense de Oseira: sinxeleza da pedra no centro e barroquismo aos lados; a rapazada, atenta)

(Oseira: a elegante beleza da pedra)
(Oseira: unha das fontes)

            Arrecende a Peregrino,  Vía da Prata a tres xornadas de Santiago. Na recreada botica, pharmacopea, está o potamen acompañado da santa Hildegarda de Bingen, santa do Císter, botánica altamente cualificada, expoñente da transmisión do saber entre muros de ata tres metros de espesor. Non se perde nada, recíclase e optimízase tanto nos conventos como nos mosteiros que escalonan as diferentes vías de comunicación. As granxas do Císter presentan tres constantes: a auga (un bo manancial), a comunicación (Vía da Prata), e o territorio (para roturar).
 (O río Oseira, e as poldras de pedra)

Partindo do case rematado S.XI-principios do S.XII, Europa bota a andar como ente, como unha árbore que enterra as súas raíces en Santiago, alongando as súas polas polo resto da xeografía europea a través dos dintintos camiños. O Císter dálle sentido e xermola nesas vías como novas ramas, follas e froitos.
Canto escriben os amanuenses, contando só coa luz solar; canto se transmite, canto rescoldo tilla nos arquivos e vellas bibliotecas manásticas: estilos clásicos, Románico e Renacemento, Igrexas de Peregrinación en transición cara ao Gótico e o recreado dinamismo do Barroco.
De volta, na ladeira Norte do monte Faro (1181 m), purificamos os nosos pulmóns con esencias de bosques perenninfolios de piáceas e de abetos. No tramo final de ascensión vivimos un Gólgota ou Calvario, sorte de Vía Crucis que franquea senda conducente á ermida, adobiada polas cantigas do trovador Xan de Requeixo, festa do 8 de setembro.
A planicie é un coinvite a divisar toda a Galicia, erixíndose de modo involuntario en balcón do territorio: cara ao N alcanzamos ata o Pico Sacro en Terras de Santiago, cara ao S os cursos do Miño e Sil, así como as terras altas de Ourense, serras de san Mamede ou Manzaneda. Cara ao W-NW, Aciveiro e Terra de Montes na provincia pontevedresa, e cara o Leste e Sureste, as terras lucenses da Ulloa, Lugo, os Ancares, a Ribeira de Chantada, Monforte… Facemos un repaso da nosa configuración física.

 (De volta á casiña)

Sobrepasando as horas centrais do día, escollemos Monterroso, refrescado por un Ulla que bota a andar pola man. Percuramos algunha rememoración literaria en víspera das Letras Galegas: a Esmorga é un socorrido local de hostelería. Refrescamos as nosas gorxas e alimentamos os nosos corpos evocando a Eduardo Blanco Amor, que fala dunha boa xoldra. Nós facemos un paralelismo, a nosa viaxe ten de todo: cultura, historia, paisaxe e, nalgún momento, ata incertidume e tensión, tensión que axudan a aminorar os nosos tres profesionais do volante, capaces de facer do noso percorrido un auténtico tobogán de sensacións, sempre controladas e medidas.
Grazas a todos os prticipantes, sen vós a aventura non sería posible.
                                                                                  Antonio Fondo
(fotos de Carmen Aquino. Fai clic para ver máis!)

luns, 1 de xuño de 2015

UN LIBRO CADA SEMANA



UN LIBRO CADA SEMANA


SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO




Hoxe empeza o verán, non o astronómico, senón o meteorolóxico. Con el virá, espero, a calma, o tempo de lecer para moitos de vós. Poderedes ler un conto zen. Son absolutamente deliciosos. A edición que eu manexo é do Círculo de Lectores: 101 cuentos zen, ao coidado de Nyogen Senzaki e Paul Reps. Eles mesmos din que este libriño foi publicado por primeira vez en Londres en 1939: responden a experiencias reais de mestres chineses e xaponeses de zen ao longo de máis de cinco séculos. Recollendo aínda as palabras dos editores, sabede que o zen podería considerarse a arte interior e a concepción de Oriente. Os orientais que cultivan esta arte son persoas máis interesadas no ser ca na actividade e para eles o ser humano que se descobre a si mesmo é o máis digno de respecto.

Agora, tras recomendarvos novamente que vos animedes a compartir o voso silencio con estes contiños, tradúzovos un:

Unha parábola

Buda contou unha parábola nun sutra:

Un home que cruzaba un campo topou cun tigre. Fuxiu e o tigre correu tras del. Ao chegar a un caborco agarrouse á raíz dunha vide silvestre e quedou pendurando do bordo. O tigre uliscábao dende arriba. O home, tremente, baixou a vista e viu que moi abaixo, ao pé do precipicio, outro tigre agardaba para devoralo. Só a vide o sostiña.

                Dous ratos, un branco e outro negro, puxéronse a roer pouco a pouco na vide. O home viu un suculento amorodo cerca del. Aferrándose á vide cunha man, arrincou o amorodo coa outra. Que sabor tan doce tiña!


(Mª Rosario Soto Arias).

luns, 25 de maio de 2015

UN LIBRO CADA SEMANA

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO





Pío Baroja, El árbol de la ciencia.

   En primeiro lugar, xa debería avisar de que vou ser un pouco crítica con esta obra. Non porque non ocorra nada, senón porque pasan demasiadas cousas. Explícome.
   O tema principal da obra é un home que perde a súa familia e transfórmase nunha persoa filosófica empedernida e concéntrase moito en temas  filosóficos e a comprensión do sentido da vida. A partir deste tema, moitas descricións, moitos personaxes e Baroja non chega a centrarse en nngunha das historias que conta. O escritor limítase a asistir  a esas historias e contalas superficialmente, pasando rapidamente á seguinte.
   Con respecto ao protagonista, é un filósofo extremo, non creo que ninguén se plantexe a vida coma el, todas as súas características están esaxeradas, para o meu gusto.


   Pero non é todo malo na obra;  gústame o estilo de escritura de Baroja, é fácil de entender, non ten un vocabulario rebuscado nin moi culto. As descricións dos personaxes parecéronme moi axeitadas a cada situación, especialmente Iturrioz e  Andrés, o branco e o negro da filosofía, un cos pés totalmente no chan e o outro nas nubes.
   Outra das cousas que me gustou da obra foi a información sobre a  España deses tempos: a vida cotiá, os personaxes "populares", a mentalidade do pobo...Até agora non imaxinara a vida daquela época, e axudoume mesmo a comprender aspectos de historia de España, especialmente o relativo á Xeración do 98.
                                                                              Lara Pico, 4º ESO.

 (Imaxe de San Sebastián cando era unha cidade amurallada; aquí, en Donostia, nace Pío Baroja a finais do XIX; foto tomada da Internet)

xoves, 21 de maio de 2015

Entrega de premios Microrrelatos e Gañapuntos

O pasado venres celebramos o Día das Letras Galegas 2015, e fixemos a entrega dos premios polo concurso Gañapuntos e polo concurso de Microrrelatos.

Aquí o video, con fotos dos participantes e cos gañadores lendo os seus escritos:



E ademáis tamén temos o acto en formato libro:

luns, 18 de maio de 2015

CONMEMORACIÓNS: "O uso do láser" no ano internacional da luz

2015 ANO INTERNACIONAL DA LUZ

USO DO LÁSER



Seguindo coa nosa pequena contribución á celebración do Ano Internacional da Luz, puxémonos en contacto cunha institución que está na vangarda do que se fai en España co láser, e en xeral, na investigación de novos materiais que nos axuden a aforrar enerxía. Todo isto foi xa á altura de abril. Obtivemos unha rauda, amable e rica en información, resposta. Hoxe presentámosvola. A resposta recibida foi esta:


 (Foto da sé do ICMB)
“ Soy Ángel Pérez, responsable del grupo de investigación de procesado láser del Instituto de Ciencia de Materiales de Barcelona.

En nuestro centro, básicamente, dos grupos de investigación nos dedicamos a sintetizar materiales mediante radiación láser. Por un lado, el grupo de materiales magnéticos deposita capas delgadas (de algunos nanómetros de espesor) de materiales magnéticos y multiferroicos mediante la ablación láser de 'pastillas' de esos materiales: un haz láser de gran potencia vaporiza el material del blanco (pastillas). El material vaporizado produce un plasma intenso que se dirige a un substrato, donde se deposita de forma controlada. Este material, al llegar con mucha energía, provoca el crecimiento de materiales epitaxiales de gran cristalinidad. Estos materiales se utilizan para diseñar nuevos tipos de memorias (espintrónicas) para ordenadores, que sean más rápidas y consuman menos energía.

Por otro lado, en nuestro grupo nos dedicamos a irradiar nanomateriales con radiación láser muy intensa para provocar la modificación química y el depósito de estos materiales en una forma que no puede conseguirse con métodos convencionales. Trabajamos con nanomateriales de carbono (básicamente nanotubos de carbono y compuestos de grafeno), con óxidos metálicos funcionales (nanopartículas de cerámicas) y también con materiales metal-orgánicos. Las aplicaciones previstas de estos materiales son: fotocatálisis (para eliminar residuos y generar hidrógeno a partir de agua), sensores químicos y almacenamiento de energía (supercondensadores y baterías). También hemos depositado biomateriales con técnicas láser para desarrollar implantes óseos bioactivos.

Gracias por su interés. Aunque seamos prácticamente invisibles para la sociedad, sí, existimos los científicos. Y sí, la luz es una forma de energía misteriosa y fantástica que nos permite hacer auténticas maravillas científicas y tecnológicas que, aunque no seamos conscientes, son fundamentales para el buen funcionamiento y progreso de la sociedad.


Para acabar, sólo informarles que la UAB organizó una serie de conferencias interesantes sobre la luz el pasado febrero en las que participé.


Les paso el enlace:
http://www.uab.cat/web/divulgacio/dissabtes-de-la-fisica-1345678998720.html

(Modos dun láser aleatorio: a fotografía digamos científica pode ser dunha grande beleza, especialmente se trata da luz)