domingo, 30 de xaneiro de 2022

Un libro cada semana...ou cada mes..."O diablo e o mar escuro"


 

A novela trata sobre unha persoa chamada Samuel Pipps, un detective famoso en todo o mundo, que está prisioneiro nun barco que vai rumbo a Amsterdam, onde está destinado a enfrontarse a un xuízo e á forca. Xunto ao detective viaxan o seu mellor amigo Arent, que está disposto a probar a inocencia de Pipps e Sara Wessel, que é a muller do gobernador de Batavia, cidade situada nas Indias Orientais. Xa a bordo, e posto o rumbo a Amsterdam, sucédense unha serie de misteriosos acontecementos que aterrorizan a toda a tripulación e pasaxeiros: un extraño símbolo aparece nunha vela, un leproso morto anda polo barco e varios animais aparecen sacrificados. E por se fose pouco,  unha aterradora voz di aos pasaxeiros unha terrible profecíaque é que  van  ser testemuñas de tres milagres diabólicos: unha persecución inverosímil, un robo inconcebible e un asasinato imposible de cometer. Co famoso detective entre reixas, Arent e Sara terán que resolver sós o misterio que ameaza a todos con envialos ás profundidades do mar.

Esta novela é perfecta para os amantes de Sherlock e Master and Commander, xa que  submerxe o misterio nas profundidades do mar.

                                                                     Pablo Miñambres López Perea.

domingo, 16 de xaneiro de 2022

Un libro cada semana...ou cada mes..."El desorden que dejas"


 

A novela trata sobre unha profesora en horas baixas chamada Raquel,  que acepta unha suplencia nun instituto de Novariz, unha vila  situada no corazón de Galicia, onde casualmente naceu seu marido. No primeiro día de traballo, ao finalizar as clases,  encontra no seu bolso unha nota que di “ e ti, canto vas  tardar en morrer?”. Decidida, Raquel fará todo o posible por averiguar por que recibiu esa ameaza. O que arranca como unha historia de acoso a unha profesora convértese nun thriller perverso.

 

Esta novela está moi ben porque dá visibilidade ao acoso que sofren os profesores, tamén porque é unha disección da debilidade humana, da culpa, da fraxilidade, das relacións e das mentiras e segredos sobre os que montamos as nosas vidas sen calibrar e ser conscientes das consecuencias.

                                            Pablo Miñambres López -Perea.

domingo, 2 de xaneiro de 2022

Un filme cada semana...ou cada mes..."Como entrenar o teu dragón"


 Conta a historia dun pobo viquingo que mata dragóns, pero o débil fillo do xefe da tribo cambiará a historia do seu pobo cando se atope cun dragón...

É unha película de debuxos animados, que, polo xeral, xa me gustan, pero esta gustoume especialmente. Ten unha boa historia, está moi ben feita, e engancha; ademais, de cando en vez fai rir.

                                           Carlos  Andrés Lemus Holguín. 

domingo, 12 de decembro de 2021

Un libro cada semana...ou cada mes..."Casas e tumbas"



Trátase dun libro que contén varias historias que  te levan ás profundidades da amizade. A primeira historia trata sobre un neno que volve de Francia sen fala e que se  fai amigo duns  xemelgos en Ugarte. A segunda historia trata sobre uns homes que están facendo a mili no Pardo na pre-transición. Tamén hai historias cruzadas dos protagonistas que percorren varias décadas na historia de España,  entre o País Vasco, Madrid e o sur de Francia.
Este libro gustoume moito porque se sae do xénero literario que prefiro, que é o xenero negro. Tamén me gustou porque o autor pon un valor moi alto na amizade, á  que hoxe en día, para min, non se lle dá o valor necesario,  e,  como di o autor neste libro, “non e máis que a vida, que transcorre entre dificultades como fíos  de auga entre as pedras”.
                                                    Pablo Miñambres López-Perea.