domingo, 30 de xaneiro de 2022

Un libro cada semana...ou cada mes..."O diablo e o mar escuro"


 

A novela trata sobre unha persoa chamada Samuel Pipps, un detective famoso en todo o mundo, que está prisioneiro nun barco que vai rumbo a Amsterdam, onde está destinado a enfrontarse a un xuízo e á forca. Xunto ao detective viaxan o seu mellor amigo Arent, que está disposto a probar a inocencia de Pipps e Sara Wessel, que é a muller do gobernador de Batavia, cidade situada nas Indias Orientais. Xa a bordo, e posto o rumbo a Amsterdam, sucédense unha serie de misteriosos acontecementos que aterrorizan a toda a tripulación e pasaxeiros: un extraño símbolo aparece nunha vela, un leproso morto anda polo barco e varios animais aparecen sacrificados. E por se fose pouco,  unha aterradora voz di aos pasaxeiros unha terrible profecíaque é que  van  ser testemuñas de tres milagres diabólicos: unha persecución inverosímil, un robo inconcebible e un asasinato imposible de cometer. Co famoso detective entre reixas, Arent e Sara terán que resolver sós o misterio que ameaza a todos con envialos ás profundidades do mar.

Esta novela é perfecta para os amantes de Sherlock e Master and Commander, xa que  submerxe o misterio nas profundidades do mar.

                                                                     Pablo Miñambres López Perea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario