sábado, 5 de marzo de 2016

Un filme cada semana....ou cada mes.... "Invencible"



Vou comentar o filme Invencible, unha película bélica con tintes épicos e dramáticos, producida e dirixida por Angelina Jolie.

Narra a historia real de Louise Zamperini, un home que tras participar nos Xogos Olímpicos de 1936, alistouse nas Forzas Áreas dos Estados Unidos de América para loitar na Segunda Guerra Mundial (1939-1945).

Cando o bombardeiro no que combatía caeu as augas do Océano Pacífico, iniciando así unha batalla pola supervivencia, primeiro o permanecer durante 47 días nunha balsa a deriva xunto a dous dos seus compañeiros, tempo durante o cal estiveron expostos os embates do mar, as inclemencias do tempo, o ardente sol, e por suposto a fame e a sede. Os náufragos foron atopados por un buque de guerra xaponés, que naquel momento eran os seus inimigos, os cales os apresaron, apresaron, e torturaron nunha illa durante o longuísimo período de dous anos.

Moito tempo despois o protagonista, xa en idade avanzada, perdoou publicamente a todos os seus captores, cos que se reuniu en Xapón, a excepción dun deles que non o quixo recibir.

Este filme pon de manifesto a forza interior dalgunhas persoas que son capaces de sobrepoñerse a calquera dificultade por moi dura que esta sexa. É realmente sobrecolledor.
“Un minuto de sufrimento vale por toda unha vida de gloria”
Carolina Sanmartín. 3º ESO

martes, 1 de marzo de 2016

Un libro cada semana...ou cada mes... "O corredor do labirinto"




Un libro cada semana...ou cada mes...   O corredor do labirinto

   Thomas está atrapado nunha caixa que se move. Séntese confundido, non recorda nada anterior...entón, a caixa para e ábrese; moitos rapaces lle axudan a saír e encóntrase nun claro, rodeado por grandes muros.
   No claro fai amigos, como Chuck e Newt, pero tamén inimigos, como Gally, que pasou polo "cambio" e sospeita del...as súas sospeitas aumentan cando Thomas chega vivo do labirinto tras pasar una noite perseguido polos laceradores, uns mutantes letais.
   Todo cambia cando una rapaza chega ao claro cunha mensaxe que cambiará as regras do xogo. Teresa e Thomas son diferentes aos demais clarianos, así que algúns lles fan caso e deixan o claro para buscar a saída e outros prefiren enfrontarse a unha morte segura.
   Este libro  de James Dashner gustoume moitísimo porque se asemella  moito ao mito grego do minotauro, pero cun toque futurista que o fai máis interesante.
   É un libro que fai sentir clustrofobia xa que acontece nun lugar relativamente pequeño. Os personaxes están ben caracterizados e fan que sintas as súas emocións.
                                                                                                               Alicia Cabana. 4º ESO.



mércores, 24 de febreiro de 2016

Os Libros: Espazos de Liberdade (IV)

Visita a biblioteca do Eusebio. Leva o teu libro!

Feito por alumnos de 4º ESO. Idea orixinal: Beatriz Moreno. Fotografía: Mario S. García

luns, 22 de febreiro de 2016

Os Libros: Espazos de Liberdade (III)


Visita a biblioteca do Eusebio e leva o teu libro!

Feito por alumnos de 4º ESO. Idea orixinal: Beatriz Moreno. Fotografía: Mario S. García

sábado, 20 de febreiro de 2016

Os Libros: Espazos de Liberdade (II)


A biblio do Eusebio espera a túa visita!

Feito por alumnos de 4º ESO. Idea orixinal: Beatriz Moreno. Fotografía: Mario S. García

mércores, 17 de febreiro de 2016

Un filme cada semana....ou cada mes.... the Straight story



Un filme cada semana...ou cada mes...






   Hoxe vou comentar a película The Straight story, de David Lynch, baseada na historia real de Alvin Straight, quen, aos 73 anos, vai, conducindo unha cortacéspede, de Iowa a Wisconsin, uns 500 quilómetros, visitar ao seu irmán enfermo,  con quen non se falaba desde hai 10 anos.
   A película ten un ritmo pausado, que se axeita á velocidade á que viaxa Alvin na súa máquina, viaxe longa e lenta na que o protagonista encontra moitos personaxes con algúns dos cales reflexiona sobre as cousas importantes da vida....a banda sonora da película, cunha música suave e repetitiva e os diálogos, sinxelos e breves, acompáñanos na viaxe que realizamos con Alvin a través dunha paisaxe fermosamente fotografada.
   Trátase dunha película sinxela pero que transmite importantes valores, como a importancia do amor fraterno e que non hai que sucumbir nunca. Unha lección de forza e humanidade.
                                                                                                                    Miguel Ocampo. 4º ESO.
  

martes, 16 de febreiro de 2016