sábado, 5 de marzo de 2016

Un filme cada semana....ou cada mes.... "Invencible"



Vou comentar o filme Invencible, unha película bélica con tintes épicos e dramáticos, producida e dirixida por Angelina Jolie.

Narra a historia real de Louise Zamperini, un home que tras participar nos Xogos Olímpicos de 1936, alistouse nas Forzas Áreas dos Estados Unidos de América para loitar na Segunda Guerra Mundial (1939-1945).

Cando o bombardeiro no que combatía caeu as augas do Océano Pacífico, iniciando así unha batalla pola supervivencia, primeiro o permanecer durante 47 días nunha balsa a deriva xunto a dous dos seus compañeiros, tempo durante o cal estiveron expostos os embates do mar, as inclemencias do tempo, o ardente sol, e por suposto a fame e a sede. Os náufragos foron atopados por un buque de guerra xaponés, que naquel momento eran os seus inimigos, os cales os apresaron, apresaron, e torturaron nunha illa durante o longuísimo período de dous anos.

Moito tempo despois o protagonista, xa en idade avanzada, perdoou publicamente a todos os seus captores, cos que se reuniu en Xapón, a excepción dun deles que non o quixo recibir.

Este filme pon de manifesto a forza interior dalgunhas persoas que son capaces de sobrepoñerse a calquera dificultade por moi dura que esta sexa. É realmente sobrecolledor.
“Un minuto de sufrimento vale por toda unha vida de gloria”
Carolina Sanmartín. 3º ESO

Ningún comentario:

Publicar un comentario