Agustín, un científico que, despois dunha evacuación, decide quedar só no Ártico, tenta contactar cunha nave espacial que, tras
unha misión nunha das lúas de Xúpiter, tenta regresar á Terra. Agustín quere
evitar que un equipo de astronautas volva a casa, xa que isto implica unha morte
inevitable, porque se produciu unha misteriosa catástrofe global que deixou o
planeta nun estado inhabitable.
"Ceo de Medianoite", filme baseado na novela "Good
morning, Midnight" da escritora Lily Brooks Dalton, é unha película
peculiar: aínda que ao principio parece aburrida (non explican porque a terra
está nese estado, que é a enfermidade terminal de Augustine e incluso a razón
pola que unha misión tripulada é enviada á lúa K-23), acaba por ser bastante
entretida, tendo un par de "xiros argumentais" moi interesantes preto
do final.
En xeral, unha película relativamente entretida,
perfecta para un sábado ou un domingo pola tarde, e como non contén escenas de
+18, é aceptable para ver en familia. Póñolle un 7 sobre 10.
Francisco Santiago Montero. 1º Bacharelato Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario