"O tío Petros e a Conxectura de Goldbach" é unha novela divulgativa,en concreto de divulgacion matemática. Nela temos dous personaxes principais: Petros,un matematico xubilado, antisocial e frustrado, e por outra banda temos a o seu sobriño,o cal é un mozo que ten un interese e talento matemáticos fóra do normal. Nesta novela veremos anécdotas de moitos matemáticos famosos e os seus sentimentos respecto ás matemáticas, sentimentos como a obsesión e tolemia fronte á beleza matemática. A historia xira en torno á Conxectura de Goldbach, un dos problemas matemáticos máis antigos sen resolver. A novela empeza cando o noso protagonista decátase de que os seus pais estan planeando facer unha comida familiar, pero decátase de que o seu pai e a súa nai non queren convidar ao seu tío, Petros. O protagonista pregúntalles aos seus pais cal é a razón para no querer convidar o seu tío; os pais explícanlle que o seu tío é un ser humano estraño, antisocial e incapaz de manter unha conversación normal co resto da xente. Esta explicacion foi o que fixo que o noso protagonista empezase a sentir interese no seu tío. Ao final, os seus pais convidan a Petros tras as súplicas do seu fillo. O noso protagonista coñece a Petros e queda totalmente decepcionado tras ver nada máis que a un vello antisocial sen nada especial aparentemente. Cando a cea termina, o protagonista pregúntalle aos seus pais por que o seu tío eran tan antisocial e tiña eses ollos de peixe morto durante toda a cea. O pai cóntalle ao seu fillo a historia de Petros: O seu tío, Petros, fora de xoven; un importante e talentoso matemático; desde a escola notábase un talento matemático especial nel, diferente ao resto. Cando Petros escribía ecuacións matemáticas no encerado era como estar a ver a representación dos pensamentos de Deus escritos en linguaxe matemática. Tan alto era o nivel de Petros que puido traballar cos mellores matemáticos do mundo sendo practicamente un neno. Petros sentíase o novo Mesías, podía resolver calquera teorema matemático sen ningún problema, pero a soberbia tería que chegar ao seu fin; Petros atopa a que sería a súa inimiga até a súa morte, A Conxectura de Golbach. Petros namora totalmente da Conxectura, se a resolvía, sería tan grandioso e tan lembrado como o foron Arquimedes, Newton ouEnstein, pero Petros no daba resolvido a Conxectura de Golbach, só deixaba de facer cálculos matemáticos para comer e ir ao baño. Petros tiña unha amante, a cal acabou casando con outro home debido á obsesión de Petros coas matemáticas. Petros non tivo ningunha amante máis nin tivo fillos; cando chegou a os 45 anos deixou as matemáticas e foi vivir ás aforas nunha vila, para estar illado da xente e vivir coa vergoña en soedade.
Cando o fillo termina de escoitar a historia sente pena e fascinación polo seu
tío; desde ese momento o neno esfórzase moito máis na escola e sobre todo na
materia de matemáticas para así poder chamar a atención do seu tío. A
seguinte vez que se atopan, o neno dille
ao seu tío que quere ser matemático, o tío dúbida de que o seu sobriño teña talento matemático para poder exercer
a profesión, e proponlle un problema
matemático, dille que llo resolva en 2 semanas, e daralle o seu beneplácito para que poida estudar
matemáticas; o neno acepta o reto. Tras pasar o tempo, o noso protagonista ve
que no pode resolver o problema, e téntalle preguntar a algún profesor ou compañeiro
para que o axuden a resolvelo, pero
prometéralle ao seu tío que non pediría axuda e non buscaría información do problema que lle puxo. Ao
final, acaba caendo ante a tentación de
preguntarlle a un profesor, quen lle
preguntou quen fora o tolo que lle puxera ese problema. O protagonista díxolle que fora o seu tío,
o cal fora matemático; o profesor
cóntalle que ese problema era de feito a Conxectura de Goldbach.. O
protagonista vai enfadado xunto ao seu tío, pregúntalle que por que lle puxo un problema que nin sequera el
fora quen de solucionar durante toda a súa vida. O
seu tío rise e dille que se non pode
resolver ese problema, estaba condenado a ser un matemático mediocre, como el mesmo se consideraba. O protagonista
di algunhas feas palabras ao seu tío e vaise. Pasaron os anos e o protagonista
non volveu ver ao seu tío nin a saber del, ao final non estudou matemáticas,senón que estudou historia das matemáticas. Ao estudar esta materia, o
protagonista puido entender como funcionan as matemáticas e como funcionan as
mentes dos matemáticos, tendo mas empatía co seu tío. O protagonista contacta
co seu tío de novo e cóntalle a sua experiencia estudando historia das
matemáticas; empezan a falar sobre
anécdotas de matemáticos e sobre a natureza da beleza matemática. O que non
sabía o protagonista é que espertara de
novo o amor do vello Petros polas matemáticas. Pasan os anos e de súpeto chaman
ao teléfono do protagonista: é a súa
prima, que lle di que o seu tío
estivera incomunicado durante varios días,
era raro nel agora, xa que restablecera
bastante a comunicación coa súa familia. O
protagonista vai á casa de Petros, atópase o seu tío morto sentado no sofá , cun lapis na man e
cunha folla na mesa; a folla parecía ter
ecuacións e sucesións matemáticas, que
el sabía que estaban relacionadas coa Conxectura de Goldbach. Vendo cada
unha das contas de ecuacións,1 por 1
,deuse conta de que o seu tío
terminara o seu traballo, pero
que aínda no podía saber se
realmente resolvera a Conxectura de
Goldbach. Ao final da historia, varios
matemáticos analizaron as solucións de
Petros e verificaron que si, Petros resolverá
a Conxectura de Goldbach.
Estendinme
bastante pero é que a novela é complexa,
moito máis que o meu resumo, tiven que saltarme varios sucesos pero creo que o
esencial da obra quedou exposto. A miña
conclusión sobre esta obra é que
é realmente fermosa, desde o
principio até o final. Fala sobre moitos
matemáticos, os cales se obsesionaron
coas matemáticas até un punto realmente preocupante, mesmo algúns chegaron a
suicidarse. Isto obviamente non é de bo agrado, pero realmente nesta novela
podes sentir que é o que sentiron moitos
matemáticos e realmente entendes que é a
beleza das matemáticas. Gustaríame ter
desenvolvido mellor esta recensión sobre
esta obra xa que o merece, pero no puiden dedicarlle demasiado tempo. Espero
que calquera persoa que lea isto, lle dea
unha oportunidade a esta obra e se deixe levar pola beleza das
matemáticas.
Francisco Roberto Lara Míguez. 1º Bacharelato Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario