Unha noite de decembro, un cadáver aparece prostrado no chan da habitación 622 do hotel Palace de Verbier, un hotel de luxo situado nos Alpes suízos. A investigación non chegará a ser solucionada e o paso do tempo fará que a xente o esqueza. Moitos anos despois, o escritor Joel Dicker chega a ese mesmo hotel para recuperarse dunha perda sentimental e non imaxina que acabará investigando o vello crimen xunto cunha bela hóspede chamada Scarlett. Un libro totalmente recomendable xa que está moi ben construído e trasládate á trama.
domingo, 21 de marzo de 2021
Un libro cada semana...ou cada mes..."O enigma da habitación 622"
Unha noite de decembro, un cadáver aparece prostrado no chan da habitación 622 do hotel Palace de Verbier, un hotel de luxo situado nos Alpes suízos. A investigación non chegará a ser solucionada e o paso do tempo fará que a xente o esqueza. Moitos anos despois, o escritor Joel Dicker chega a ese mesmo hotel para recuperarse dunha perda sentimental e non imaxina que acabará investigando o vello crimen xunto cunha bela hóspede chamada Scarlett. Un libro totalmente recomendable xa que está moi ben construído e trasládate á trama.
domingo, 14 de marzo de 2021
U filme cada semana...ou cada mes..."American sniper"(O francotirador).
O francotirador e SEAL da Mariña estadounidense, Chris Kyle, salva moitas vidas nos campos de batalla en Iraq, mentres se esforza por ser un bo marido e pai, na súa volta aos Estados Unidos.
É unha película de acción un pouco lenta, que conta a historia real dun francotirador dos Estados Unidos, e os problemas que ten un soldado cando regresa á casa, despois de ver tanta guerra e matar tanta xente. Non hai, en todo caso, que esquecer que é unha película e sempre hai algunha modificación...
Carlos Andrés Lemus Holguín, ESA 3, Adultos.
domingo, 7 de marzo de 2021
Un fime cada semana...ou cada mes..."Palmeras en la nieve"
O descubrimento dunha carta esquecida durante anos, empuxa a Clarence a viaxar a Bioko para visitar a terra na que o seu pai, Jacobo, e o seu tío, Kilian, pasaron a maior parte da súa xuventude, unha illa chamada Fernando Poo. Alí experimentarán a amizade, o amor, o odio e o contraste dunha vida social lixeira e espontánea oposta á rixidez da sociedade española.
Esta película paréceme un bo exemplo para saber que todos somos iguais e merecemos igualdade e o mesmo trato.Téñase en conta que esta película non é para todos os públicos porque pode ferir sentimentos.
Albert Rafael Vargas González, ESA 2, Adultos.
domingo, 28 de febreiro de 2021
Un filme, baseado nun cómic, cada semana...ou cada mes..."María y yo"
Gustounos ver o amor que teñen os pais pola súa filla, e como buscan unha escola onde poidan axudar a María a potenciar as súas capacidades...aínda que algúns pensamos que podían estimulala máis, e que os pais debían estar xuntos para poder axudala mellor...Certamente, ter un fillo ou unha filla con autismo é todo un reto que non todo o mundo sabería levar tan ben como o fan os protagonistas.
Alumnado ESA 1, Adultos.
Nota: o cómic sobre o que se basea o documental e a súa continuación, "María cumple 20 años" están á vosa disposición na biblioteca do instituto.
domingo, 21 de febreiro de 2021
Un libro cada semana...ou cada mes..."Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar"
C. P. , Bacharelato Adultos.
domingo, 14 de febreiro de 2021
Un libro cada semana...ou cada mes..."o misterio das catro cartas"
O gran detective belga empeza o día con mal pé: unha muller moi anoxada espérao na porta da súa casa. Chámase Sylvia Rule e cun ton esixente pide coñecer o motivo polo cal Poirot envioulle unha carta acusándoa do asasinato de Barnabas Pandy, un home que non coñece. O problema é que Poirot non mandou ningunha carta e ademais non coñece ao señor Pandy. O desconcerto que ten é total, cando, horas máis tarde, descobre que no seu salón espera un descoñecido que tamén afirma ter recibido unha carta asinada do seu puño e letra esa mesma mañá e que, sorprendentemente, o acusa tamén do asasinato do señor Barnabas...
Volve Hércules Poirot nunha novela onde o misterio está asegurado.
Pablo Miñambres López- Perea, 2º Bacharelato Adultos.






