martes, 9 de febreiro de 2021
domingo, 7 de febreiro de 2021
Un libro cada semana...ou cada mes..."Ataúde pechado"
Irlanda, ano
1929. Lady Athelinda Playford invitou a varias persoas a pasar uns días en
Lillieoak, a súa luxosa casa de campo. Durante a primeira noite, anuncia que
decidiu cambiar o seu testamento, deixando aos seus fillos sen un peso e legar toda
a súa fortuna a alguén alleo á familia. Pero pronto algo estraño centrará a
atención de todos os presentes: un deles aparece asasinado.
A presenza entre
eles do célebre detective Hércules Poirot e do inspector Edward Catchpool será
fundamental, xa que todos os presentes na casa poden ser o asasino, e máis, despois de que a noticia dada pola anfitrioa puxese nerviosos a todos eles.
Tras o éxito do
primeiro libro desta autora homenaxeando a Agatha Christie nos “Crimes do monograma”, volve o detective das células grises nun dos casos máis
difíciles que tivo na súa carreira.
domingo, 31 de xaneiro de 2021
Un libro cada semana...ou cada mes..."Os crimes do monograma"
Londres, año
1929. Hércules Poirot está ceando no café Pleasant cando unha muller irrompe
no local e confíalle que alguén está a punto de matala. Rógalle que o investigue,
pois dí que coa súa morte farase xustiza.
Unas horas máis
tarde, tres persoas son asasinadas nun elegante hotel da cidade e Poirot non é
capaz de deixar pasar o caso, pero, mentres el se esforza por ordenar todas as
pezas, o asasino prepárase para volver a matar.
Un libro que
volve dar vida ao mítico detective creado por unha das mellores escritoras de
novela negra de todos os tempos.
Pablo Miñambres López Perea, 2º Bacharelato Adultos.
venres, 29 de xaneiro de 2021
domingo, 24 de xaneiro de 2021
Un filme cada semana...ou cada mes..."Bee movie".
Barry, unha abella que non se sente parte da colmea, consegue saír desta para ver o mundo polo menos unha vez. pero dáse conta de que os humanos tratan as abellas como se fosen escravos e decide demandar á humanidade pedindo que devolvan o mel...
A película reflicte a importancia das abellas, humanízaas e mostra como debemos coidalas se non queremos ter graves problemas...Esa mensaxe chéganos por medio do humor e unha moi boa animación...Ademais desta mensaxe ecoloxista (fálanos da importancia dos animais na natureza e de como nos apreveitamos da súa función), chama a atención como o protagonista, a abella Barry, persegue o seu soño de traballar no que quere e non no que os demais queren para ela; dá a entender que non hai que conformarse e que todo, absolutamente todo, é posible
Trátase dunha película lixeira, cunha mensaxe clara para o público infantil e algúns gags de humor máis dirixidos a un público adulto.
Alumnado ESA 3, Adultos.
sábado, 16 de xaneiro de 2021
Unha serie cada semana...ou cada mes..."The Umbrella Academy"
A Academia Umbrella segue aos membros separados dunha familia disfuncional de superheroes, nacidos en estrañas circunstancias, chamada The Umbrella Academy. Todos os superheroes empezan a traballar xuntos para resolver a misteriosa morte do seu pai, mentres se enfrontan a moitas dificultades debido ás súas personalidades e habilidades diverxentes. Ademais, deben enfrontarse á ameaza da Apocalipse.
É unha serie sobre persoas con superpoderes fóra do típico que sempre se ve; ten un estilo algo máis escuro sen ser monótono. Presenta a unha familia de superpoderes como inadaptados para tratar o trauma da súa infancia. Contén humor sarcástico e cru.
Doulle un oito.
Pávila Juliane de Oliveira, ESA 3, Adultos.






