Autor: Jesús M. Mocerino Méndez, 3º ESO
martes, 8 de maio de 2018
luns, 7 de maio de 2018
domingo, 6 de maio de 2018
Día do Libro
A gañadora do
I Concurso de Fotografía
…. Lendo no Día do
Libro 2018
é a alumna de 2º A de ESO
Parabéns!
A entrega do premio, un
vale de 50 euros
canxeable por libros, terá
lugar o luns 7 de maio na
Biblioteca no primeiro
recreo.
mércores, 2 de maio de 2018
martes, 1 de maio de 2018
Un filme cada semana...ou cada mes..."1898. Los últimos de Filipinas"
A película, baseada en feitos reais, narra a guerra da independencia de Filipinas, a penúltima colonia de España, e mostra un grupo de soldados que ignoraba que a guerra xa rematara e continúa defendendo a igrexa onde se refuxiaran. Son os chamados "Os últimos de Filipinas".
A película provocou diversidade de opinións entre nós. Á maioría gustounos, pero houbo algunha voz crítica. Os motivos destas opinións negativas foron a excesiva duración, con escenas moi repetitivas, a mala vocalización dos actores e a dureza das imaxes, que, se es moi sensible, poden incomodarte. Por outra banda, en cambio, valoramos o que aprendemos sobre unha parte da nosa historia que descoñeciamos. Ademais, trátase dunha película antibelicista, non presenta a visión heroica que se dá ás veces neste tipo de filmes (por exemplo, na película sobre o mesmo tema de 1945), senón que transmite unha visión negativa das guerras. A esta visión, contribúe a fotografía, escura en xeral, probablemente para simbolizar mellor o escuro da guerra.
E o que nos gustou moito foi a canción "Yo te diré", que xa se interpretaba na versión antiga, pero que nesta está modernizada.
Lucas González, María Gundín e Silvia Romero, 3º ESO V.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



