Un famoso divulgador científico dixo que "Quen non coñece algo, non pode chegar a admiralo, e tampouco terá interés en protexelo". Parece certo que Rodrigo nos está dando unhas boas leccións sobre a variedade de animais dotados da máxica capacidade de voar nos ceos e iso nos axuda a ter moitos motivos para preservar o seu entorno.
luns, 8 de maio de 2017
Paxareando por Coruña (8)
Antepenúltima entrega
das láminas preparadas polo alumno de segundo de bacharelato nocturno Rodrigo López Pérez. Seguimos coas 'Forzas aéreas da Natureza', para pasar aos 'Turistas alados'.
Un famoso divulgador científico dixo que "Quen non coñece algo, non pode chegar a admiralo, e tampouco terá interés en protexelo". Parece certo que Rodrigo nos está dando unhas boas leccións sobre a variedade de animais dotados da máxica capacidade de voar nos ceos e iso nos axuda a ter moitos motivos para preservar o seu entorno.
Un famoso divulgador científico dixo que "Quen non coñece algo, non pode chegar a admiralo, e tampouco terá interés en protexelo". Parece certo que Rodrigo nos está dando unhas boas leccións sobre a variedade de animais dotados da máxica capacidade de voar nos ceos e iso nos axuda a ter moitos motivos para preservar o seu entorno.
domingo, 7 de maio de 2017
Descubre a ciencia que hai detrás do que comes
Moncho Núñez Centella, que fora creador do primeiro museo municipal español adicado ás Ciencias -eses que teñen o lema "Prohibido non tocar"-, ven de agasallarnos co seu libro "Un científico en la cocina". Ahí tes a foto en que nos adica a obra.
O libro é unha recopilación de artigos publicados sobre este tema na revista "Muy Interesante" durante anos, que deleitou aos lectores mezclando o gusto pola Ciencia coas sensacións que nos da o paladar.
Axiña estará disponible na biblioteca. Quen vai ser o primeiro en levalo?
xoves, 4 de maio de 2017
Enquisa sobre a biblioteca do Eusebio
Aínda non a fixeches? Estás a tempo. Fai clic sobre a imaxe. Só empregarás un minuto e axudarás aos alumnos do nocturno.
mércores, 3 de maio de 2017
Un libro cada semana...ou cada mes..."Todos los detectives se llaman Flanagan"
O libro trata dun rapaz chamado Juan (Flanagan), detective privado. Empeza realizado pequenas investigacións para conseguir algo de diñeiro para os seus gastos e acaba sendo detective para tomar fotos a Sabrina, unha rapaza moi fermosa; tamén axuda á "gitanilla" a buscar o seu sobriño recén nacido que desaparecera...na praza de Cataluña atopou a Ángel Vila, un detective privado que o axudou a buscar o fillo de Feli...
Flanagan é un rapaz moi bo, axuda a moitas persoas; ten medo, pero sempre axuda.
O libro gustoume moito, é para lectores da nosa idade, ensínanos que a vida é complicada pero non difícil de todo. O protagonista é un mozo con medo, pero polo ben dos demais vence o medo e acaba axudando.
Alisson Girón Parrales, 3º ESO.
xoves, 27 de abril de 2017
Paxareando por Coruña (7)
Nesta séptima entrega de láminas sobre paxaros feitas por Rodrigo López Pérez, alumno de segundo de bacharelato nocturno, remata o apartado "Saíndo ao campo", para seguir coas auténticas "Forzas aéreas da Natureza". Esperamos que a disfrutedes!
mércores, 26 de abril de 2017
Exposición sobre Leonardo Torres Quevedo
luns, 24 de abril de 2017
Un filme cada semana...ou cada mes... "O experimento"
Comentamos unha película alemá, que vimos en versión orixinal subtitulada, e vimos tamén o seu "remake" norteamericano. As dúas están baseadas nunha experiencia real, levada a cabo nos Estados Unidos en 1971. Un grupo de homes recibe diñeiro por facerse pasar por gardas e prisioneiros nun cárcere...o experimento acaba índoselles das mans a todos e a violencia resulta, ao final, explosiva...
A película alemá vai avanzando bastante lenta pero ao final estala a brutalidade, suavizada con algúns momentos de humor; a norteamericana ten máis ritmo pero ao final é menos violenta e máis seria. Resultou interesante ver dúas películas que tratan o mesmo tema, e gustounos a experiencia de escoitar, nunha delas, o idioma orixinal...non é tan difícil seguir unha película con subtítulos...
A mensaxe nas dúas é a violencia do ser humano en situacións límite.
3º ESO V.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














