luns, 17 de abril de 2017
Paxareando por Coruña (5)
A quinta entrega das láminas preparadas polo alumno de segundo de bacharelato nocturno Rodrigo López Pérez. Axiña virá a sexta!
mércores, 12 de abril de 2017
Literatura Universal: traballos de alumnos
Estes traballos foron feitos polos alumnos de 1º Bacharelato de Charo Vázquez Mourín:
Para velos, só tes que seleccionar a foto. Se prefires descarregalo en formato epub. aquí están:
Para velos, só tes que seleccionar a foto. Se prefires descarregalo en formato epub. aquí están:
domingo, 9 de abril de 2017
Os ríos: Traballos de Enerxía Hidráulica
Estos traballos foron realizados por alumnado de primeiro de bacharelato dentro da materia de Tecnoloxía Industrial coa profesora Rosa Fernández Salmonte, aproveitando asemade que este curso o tema central da biblioteca son os ríos.
Para ver os traballos a fondo fai clic nas imaxes.
sábado, 1 de abril de 2017
Un filme, baseado nun libro, cada semana...ou cada mes..."A esmorga"
A película está baseada na obra de Blanco-Amor, que narra a historia de tres amigos, chamados Cibrán, Bocas e Milhomes nun día de troula que se desenvolve na cidade de Ourense.
Comeza describindo unha mañá, de camino ao traballo, na que Cibrán se encontra co Bocas e Milhomes xa bébedos, aos que se xunta e cos que remata deambulando pola zona na que viven, parando en tabernas, prostíbulos e demais, deixando tras de sí un rego de desfeitas que acaba con eles de maneira tráxica a causa do alcohol.
Na miña opinión, esta película reflicte moi ben o que se quere transmitir con ese ambiente de tristura dos personaxes, no que se mestura o alcohol, a choiva, a dureza do traballo diario..., manténdose moi fiel á idea que mostra Blanco-Amor na súa obra. En canto ao aspecto audivisual, representa perfectamente ese ambiente escuro da película, coa paisaxe típica galega, e os locais de alterne nos que se respira a soidade dos personaxes no medio da xente.
Aínda que se caracterice por ese sentimento de angustia e tristura, como xa dixen, creo que é un filme digno de ver.
Adrián Soutullo Pandelo, 2º B Bacharelato Nocturno.
domingo, 26 de marzo de 2017
Paxareando por Coruña (4)
Nova entrega, e van catro, dos paxaros habituais nos parques e bosques da nosa bisbarra. Rodrigo López Pérez, alumno de 2º Bacharelato, é o condutor desta guía. Fai clic nas láminas para ampliar a información.
luns, 13 de marzo de 2017
Paxareando por Coruña (3)
Esta é a terceira entrega do traballo realizado polo alumno de 2º C Bacharelato Nocturno, Rodrigo López Pérez e segue á presentada o pasado 18 de febreiro. Todas as aves que
nos presenta, foron avistadas por el, na nosa cidade ou nos seus
arredores; tamén os textos que as describen son da súa autoría. Facendo
clic sobre cada lámina a poderás ver ampliada.
mércores, 1 de marzo de 2017
Un libro cada semana...ou cada mes..."Gatos moi distinguidos" de Doris Lessing
Neste libriño, conxunto de vivencias protagonizadas pola autora e os gatos que a acompañaron ao longo da súa vida, Lessing convírtese en personaxe secundaria, por momentos en mera testemuña, relatora das andanzas dos felinos, cunha mestura de humor, ás veces cruel, observación psicolóxica (cada gato ten o seu carácter!) e reflexión sobre o comportamento duns seres que, de non sabermos que son gatos, poderiamos pensar que son humanos, coas súas miserias e as súas grandezas...especialmente a gata negra e a gata gris, rivais durante case todo o libro, competidoras polos favores da autora, ás que só lles faltaría poñerse de pé e falar para definilas como unhas verdadeiras damas....
Susana Piensos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


































