sábado, 28 de maio de 2016
mércores, 25 de maio de 2016
martes, 24 de maio de 2016
Unha miniserie baseada nun libro cada semana...ou cada mes..."Crónicas marcianas", de Ray Bradbury.
Hoxe vou comentar a miniserie de 1979 Crónicas marcianas, baseada na novela do mesmo título de Ray Bradbury. A historia trata das expedicións que fai a NASA a Marte; as tres primeiras expedicións son destruídas polos marcianos, quen morren á súa vez contaxiados por enfermidades traídas da terra; máis tarde, colonos terrícolas irán vivir a Marte....
A historia gustoume polo seu contido, pero tamén valoro o ben feita que está, xa que naquela época os efectos especiais non eran fáciles de facer e están bastante logrados. Por outra banda, hai un paralelismo entre o comportamento dos terrícolas e o dos colonos que chegaron, por exemplo, a América, destruíndo o que encontraban para impoñer a súa "cultura"...así que creo que é moi recomendable; ademais, podedes vela gratis en internet.
Alejandro Cabana, 3º ESO.
domingo, 22 de maio de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

