martes, 2 de febreiro de 2016

Un filme baseado nun libro cada semana...ou cada mes...

 




Os miserables.

 Vou comentar o filme Os miserables, baseado na novela do mesmo título de Víctor Hugo. Ao tratarse dun clásico das letras universais, hai una morea de versións cinematográficas...a que comentarei é a dirixida   en 1998 por Bille August e protagonizada por Liam Neeson e Geoffrey Rush entre outros intérpretes.
   A historia comeza contando a triste historia de Jean Valjean, o seu progreso e a mellora da súa vida. Valjean é levado á cadea por roubar pan de mozo; despois de décadas prisioneiro, cando sae, grazas a un crego cambia a súa vida...agora el é xeneroso, bondadoso e moi boa persoa . Conseguiu deixar atrás o seu pasado pero Jabert , un inspector de policía o perseguirá ao longo de toda a película...na segunda parte desta (é bastante longa), a filla de Jean, Cosette, coñecerá a un mozo  revolucionario, Marius, que loita por una Francia libre (estamos nas revolucións liberais da primeira metade do século XIX). O inspector Jabert encontra a Valjean cara a cara e...
   Gustoume moito a película, a ambientación, a intriga, as interpretacións e  a caracterización dos personaxes,  especialmente o protagonista, un personaxe cheo de valores  ao que espero parecerme.
                                                                                                   Javier Verdote, 4ºESO.
 

"O Recuncho dos B", a terceira revista dos alumnos de 3º, no teu quiosco dixital



Algún dos temas tratados neste número:
  •  "Conservantes na bollería". Mira a ver que cousas engaden ao que comes. 
  • "Inditex: comparativa de prezos". Unha reportaxe de moito interese. 
  • "Rúas de escritores galegos", para non perderse nas rúas da cidade. e moitos máis. 
Fai clic e poderás lela,.. e comentala.
 [Fixo posibel esta revista a profesora Beatriz Moreno]


luns, 25 de xaneiro de 2016

"Gaiola 31", Suplemento de Moda e Alimentación


Complementaria á da semana pasada, aquí tes o caderno de Moda e Alimentación.

[Fixo posibel esta revista a profesora Beatriz Moreno]

martes, 19 de xaneiro de 2016

"Gaiola 31", a revista dos alumnos de 3º da ESO, no teu quiosco dixital


Algún dos temas tratados neste número:
  •  "A enfermidade de Lyme". Un interesante artigo. 
  •  "Mulleres pouco valoradas". Unha reportaxe 
  • "A Marineda e non de compras". Unha investigación nas rúas da cidade.
 e moitos máis. Fai clic e poderás lela, e comentala.

[Fixo posibel esta revista a profesora Beatriz Moreno]

martes, 12 de xaneiro de 2016

"O Estudante Informa", a revista dos alumnos de 3º da ESO, no teu quiosco dixital


Algún dos temas tratados polos estudantes:
  • "No mundo hai entre 250.000 e 300.000 nenos soldado". Unha reportaxe.
  • "Uso entre alumnos da televisión". A enquisa definitiva.
  • "Rúas de A Coruña con nomes de músicos". As coñecías?
e moitos outros temas.
Fai clic e poderás lela, e comentala.
[Fixo posibel esta revista a profesora Beatriz Moreno]