Un filme, baseado nun libro, cada semana...ou cada mes...
Palmeras en la nieve.
Este Nadal fomos ver a película Palmeras en la nieve, baseada na novela do mesmo título de Luz Gabás. Na película, a través do personaxe de Clarence, cóntasenos a historia de amor de Kilian e Bisila, nuha plantación de cacao da Guinea Ecuatorial, ex colonia española, na época da colonia e da independencia.
A película pareceunos moi boa, primeiramente porque os actores eran moi profesionais, souberon tansmitir os sentimentos de celos, amor, odio, á perfección, sen ningún tipo de sobreactuación. A banda sonora tamén acompañou á película sen ningún erro, emocionando nas diferentes escenas.
Foi una película dura porque, como se di no comezo do libro no que se inspira, está baseada en miles de historias reais, nun contexto complicado na historia recente de España, onde, ademais, se pode apreciar o racismo de algúns brancos sobre os africanos.
O único inconveniente foi a súa excesiva duración.
Alicia Cabana e Pilar López de la Osa. 4º ESO.
venres, 8 de xaneiro de 2016
xoves, 17 de decembro de 2015
mércores, 2 de decembro de 2015
Un libro cada semana...ou cada mes... Fernanda de Castro
Fernanda de Castro, Ao fim da memória(1906-1939).
Acabo de ler, levaba tempo adiándoo e por fin o fixen, a primeira parte das memorias da escritora e filántropa portuguesa Fernanda de Castro. Neste primeiro tomo, máis de trescentas páxinas que se len sen sentir, a autora, sen seguir una estrita linearidade, mesturando diferentes momentos da súa biografía, comparte cos lectores os momentos transcendentais da súa intensa existencia (algúns dramáticos, como o a morte da súa nai tendo ela doce anos, outros fermosos, coma os nacementos dos seus fillos...) pero tamén anécdotas e vivencias envexables (como as súas relacións con personalidades como Társila do Amaral, Pirandello, Mircea Eliade, Unamuno e tantos outros). Regálanos tamén reflexións poéticas sobre cousas fermosas da existencia.
Aínda queda o segundo tomo, outras trescentas páxinas, pero xa teño diante miña perfectamente trazada, a imaxe dunha muller de forte carácter, valente, apaixonada, que viviu una longa vida superando os momentos duros e desfrutando intensamente dos bos...e todos eles compartidos cos lectores, narrados cun estilo moi expresivo, grave cando é necesario, poético, humorístico tamén...fermoso e sinxelo, o cal é un estímulo para quen queira iniciarse na lectura en portugués. Ou para calquera amante da boa literatura.
Susana Piensos.
martes, 1 de decembro de 2015
CONCURSO GAÑAPUNTOS
CONCURSO GAÑAPUNTOS
PREGUNTA Nº 8.
PREGUNTA DOBRE:
1ª. Cal é o tema común a estas tres boas
películas: Philadelphia (1993,
valoración en FilmAffinity: 7’4), Yesterday
(2004, valoración en F.: 7’2) e Dallas Buyers Club (2013, valoración en
F.: 7’5)? (1 punto).
2ª. Que se celebra hoxe, 1 de decembro, a
nivel mundial? (1 punto).
luns, 30 de novembro de 2015
CONMEMORACIÓNS
NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO
CIENTÍFICOS GALEGOS QUE PASARON POLO "INSTITUTO DA GUARDA"
(A foto, feita por Charo Soto, é doutra foto -feita por X. Martínez Castro-, sobre un cadro pintado por Manuel Abelenda na que se ve ao doutor Hervada. O cadro pertence á colección do señor Rafael Hervada; a foto figura nun libro -"Artistas galegos. Pintores" no que se pode ler un artigo sobre o pintor Abelenda escrito por Adolfo de Abel Vilela)
Pechamos o mes
dedicado á Ciencia en galego dedicándolle unha mínima homenaxe a un célebre
médico coruñés, Enrique Hervada García-Sampedro (A Coruña, 1883-1853). Hervada
estudara no ‘Instituto da Guarda’ o bacharelato. O seu traballo investigador
sobre unha das enfermidades que causaban naquela época máis mortes en Galicia
(e fóra dela tamén), a tuberculose, fixo que fose apreciado e recoñecido. Imos
transcribir aquí o comentario crítico que lle dedica no ano 1923 un colega na
mesmísima revista Alfar, unha revista
literaria das vangardas poéticas, unha revista senlleira, como moitos de vós xa
saberedes.
El Dr. Hervada y el problema de la tuberculosis.
Sentida desde hace muchísimo tiempo la necesidad de
emprender de una manera rotunda, eficaz, la lucha contra la tuberculosis,
aunando los –por desgracia- menguados esfuerzos que a este respecto se han
hecho, nuevamente un notabilísimo libro del Dr. Hervada, tisiólogo eminente de
nuestro Sanatorio Marítimo, pone la cuestión sobre el tapete por lo que a
Galicia especialmente se refiere.
Estudiando
el magno asunto de un modo científico, con gran acopio de datos, con numerosas
estadísticas, con variadas opiniones de los médicos que en nuestra región
ejercen, detallando características de nuestro clima, poniendo de manifiesto
las causas originarias y coadyuvantes del aterrador estrago que entre nosotros
haca la peste blanca (contagio, herencia, emigración, etc.), el Dr. Hervada ha puesto un
valiosísimo jalón en la lucha emprendida.
Precisa
que este libro “La Lucha Antituberculosa en Galicia” sea estudiado por todos,
altos y bajos, críticos y profanos, para que, dándose cuenta del enorme número
de vidas perdidas, intentemos todos poner remedio a una tan cruel plaga; los
que no pueden hacer otra cosa, reclamando medios, y los qu por su situación
económica o por su preeminente puesto en la sociedad o en el Gobierno,
aportando las tres cosas que, como para la guerra, se necesitan para obtener la
victoria contra esta dolencia: Dinero, dinero y dinero. Todo lo demás,
científicamente, nos lo da hecho el Dr. Hervada, el que solo por esto, es
acreedor a un profundo agradecimiento.
Dr.
López Iglesias.
(Revista Alfar, p. 257-8, nº 37, febreiro do
1924).
(Información elaborada por Mª Rosario Soto Arias, membro do equipo da Biblioteca do IES 'Eusebio da Guarda')
martes, 24 de novembro de 2015
CONMEMORACIÓNS
ANÁLISE COMPARATIVA ENTRE Afra e Las medias rojas,
de Emilia Pardo Bazán.
|
SEMELLANZAS
|
DIFERENZAS
|
|
Os dous relatos teñen protagonista feminino, e ambas as
dúas son mulleres novas
|
A primeira diferenza importante é a educación: Afra
recibe unha boa educación, mentres que Aldara non recibe ningunha
|
|
Os dous transcorren nunha mesma época
|
Aldara sofre a violencia física do pai, hai machismo
porque se fose un home o pai non lle daba esa malleira, non se atrevía
sequera; Afra fai que a súa amiga se
esforce ata morrer, aquí hai outro tipo de violencia, non machista
|
|
Os dous comparten o mesmo espazo, Galicia
|
A Galicia de Afra é a Galicia urbana, e é case outro
mundo; nada que ver coa aldea na que traballa Aldara moitas hora ao día
|
|
Dalgunha forma as dúas teñen un desexo ou unha forte
ilusión
|
Os desexos son distintos: Afra desexa o noivo da amiga;
Aldara desexa ir a América, ter outra vida mellor
|
|
Nos dous relatos aparece a figura do pai
|
Os pais son moi distintos, o de Afra mandouna a
formarse a Inglaterra, onde aprendeu a importancia do deporte; o pai de
Aldara trata a filla coma se fose un animal
|
|
As dúas mulleres teñen
moita forza
|
A forza de Afra válelle para ser boa deportista; a
forza de Aldara vale para traballar duro na terra.
|
Emilia Pardo Bazán é unha das primeiras
mulleres galegas en tratar o tema das desigualdades de xénero. Foi unha
feminista consciente dos dereitos das mulleres.
Autores da análise comparativa: Javier,
Sergio, Pablo, Lucía, Carmen, Paula, Óscar, Mario, Joel, Andrés, Joaquín e
Javier E. (membros do Club de Lectura dos martes, de 4º da ESO e 1º Bach.).
venres, 20 de novembro de 2015
CONCURSO GAÑAPUNTOS
CONCURSO GAÑAPUNTOS
6ª PREGUNTA
Cal é o Instituto de Segunda Ensinanza máis antigo de Galicia? (2 puntos)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






