luns, 20 de abril de 2015

UN LIBRO CADA SEMANA

UN LIBRO CADA SEMANA
 
SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL



Gianni Rodari, Contos por teléfono.
   Recentemente lin o libro Contos por teléfono, de Gianni Rodari. É un conxunto de contiños, algúns moi breves, de temática fantástica e, case sempre, humorística. O libro gustoume moito, é divertido e, aínda que sexa un pouco infantil, dá que pensar, xa que algúns contos teñen "mensaxe"...e o mellor é que, ademais, entretén moito.
   Se teño que escoller un, para min o mellor é o do caranguexiño, esa forma de loitar e insistir no que quere de verdade e ter esa capacidade de non renderse e aguantar todo é incrible... Unha verdadeira lección de vida.
   Un libro moi recomendable.
                                                 Julio Casal Fernández, 3º ESO.


mércores, 15 de abril de 2015

CONCURSO GAÑAPUNTOS



CONCURSO GAÑAPUNTOS

SEMANA VIXÉSIMO SEXTA

Unha cegueira branca espállase de maneira fulminante. Internados en corentena ou perdidos pola cidade, os cegos deben enfrontarse ao máis primitivo da especie humana: a vontade de sobrevivir a calquera prezo.

Esta síntese na contraportada do libro refírese a unha obra dun escritor que fora Premio Nobel de Literatura no ano 1998. A quen nos referimos? (1 punto)

luns, 13 de abril de 2015

ANO INTERNACIONAL DA LUZ

ANO INTERNACIONAL DA LUZ (II)

(Invitación para asistir no ano 23 á conferencia impartida por A. Einstein na RACAB, en Barcelona)

Hoxe visitamos a Real Academia das Ciencias e as Artes de Barcelona, unha institución importante, con moito avoengo, e que contribúe en boa medida na celebración deste Ano Internacional da Luz.
O equipo da Biblioteca Escolar do noso centro púxose en contacto coa RACAB e o seu presidente, o señor D. Ramón Pascual, foi sumamente xentil para connosco, e prestouse a responder as nosas preguntas:

-          ¿Hace 91 años Einstein dio una conferencia en esa Academia?
-          Sí. Hizo una visita a España, y en Barcelona dio una conferencia en la Academia y fue nombrado academico correspondiente.
www.racab.es
-          ¿Es cierto que en Barcelona está la fuente de Rayos X más importante del mundo?
-          Alba es una de las más importantes del mundo
www.cells.es
-          ¿Esa Academia está vinculada a la instalación de varios telescopios sitos en qué montañas?
-          Tenemos un observatorio en la falda del Tibidabo, el Observatorio fabra, y otro en la cima del Montsec, en el Prepirineo.
www.fabra.cat
-          La primera fotografía, un daguerrotipo, española ha sido hecha hace 175 años por un académico de esa Institución, en la plaza del Palacio de Barcelona: ¿es así?
-          Sí, con una camara que aun obra en poder de la Academia.


:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::


Tedes moita máis información entrando nas páxinas indicadas polo señor Pascual, a quen agradecemos infinitamente que nos dedicase parte do seu tempo. Relembrade tamén que no 2015 se cumpren cen anos des que Einstein publicara a súa teoría xeral da relatividade.

Na páxina principal da RACAB, á esquerda hai unha etiqueta titulada “Passatges històrics”onde podedes ler máis sobre o tema da visita de Einstein e  do daguerrotipo.

UN LIBRO CADA SEMANA

UN LIBRO CADA SEMANA

SEMANA DO 13 AO 17 DE ABRIL



O RAIO VELOZ

O autor de este libro e AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ. O ilustrador e FEDERICO DELICADO.
Cando Adrián entrou a traballar na empresa de mensaxería O RAIO VELOZ, non podía imaxinar o que estaba a agardar por  el.

Montado na súa moto de repartición, Adrián vivirá aventuras insólitas. E a maior chegará cando comece a recibir na súa casa unha serie de mensaxes misteriosas. Quen llas envía e para que?
Unha historia de amor onde o protagonista, querendo cambiar o mundo, axuda a todo aquel que o necesita e ao final,sen buscalo, recibe todo o amor entregado.


                                               Ana Fernández Costa. 1º da ESO.

venres, 10 de abril de 2015

Bases do concurso Gañapuntos




Este é o segundo curso no que a Biblioteca Escolar do IES P. 'Eusebio da Guarda' organiza o concurso Gañapuntos. As normas son anunciadas sempre por medio de carteis nos corredores a principios de curso. Son as seguintes:
  1. Publícase no blog unha pregunta cada semana (os martes ou os mércores).
  2. Cada pregunta ben respondida vale 1 ou 2 puntos.
  3. Só puntúa 1 (2 como máximo) persoa por cada preguna, a primeira en entregar a resposta por escrito a un dos profesores encargados de recollelas (Antonio Fondo, Xosé P.Mondelo, Susana Piensos, Charo Soto).
  4. As preguntas gardan relación con libros,coa Biblioteca ou con datos culturais da contorna próxima, susceptibles de seren investigados ou ben na propia B. E., ou ben na Biblioteca Muncicipal de referencia nosa (Infantil e Xuvenil de Durán Loriga).
  5. A final de curso,en data que se anunciará sufcientemente nos corredores do Instituto e no blog, celebrarase a entrega de premio (libros) ao gañador ou gañadora.
  6. Só poden participar os alumnos e alumnas do noso Instituto.
(M. R. Soto Arias)

martes, 7 de abril de 2015

CONCURSO GAÑAPUNTOS

CONCURSO GAÑAPUNTOS


SEMANA VIXÉSIMO QUINTA


“Alá van, pois, as FOLLAS NOVAS, que mellor se dirían vellas, porque o son, e últimas, porque pagada xa a deuda en que me parecía estar coa miña terra, difícil é que volva a escribir máis versos na lengua materna”.


Rosalía de Castro inicia así o parágrafo final do limiar á súa obra Follas Novas. A pregunta é: cando? Dicídenos a data deste limiar.

luns, 6 de abril de 2015

UN LIBRO CADA SEMANA



 UN LIBRO CADA SEMANA

Acabo de rematar a lectura de O estraño caso do Doutor Jekyll e Mr. Hyde, de R. L. Stevenson. Este libro desata en min unha serie de cavilacións, e esas cavilacións conducen a tratar incontables temas. Gustaríame falar da dualidade que ten o ser humano, principal tema do libro. Eu escoitara con anterioridade que o Doutor Jekyll pretendía cos seus experimentos volverse mellor. Tras ter xulgado a obra cos meus propios ollos, non dubido en dicir que non é dese modo como se producen as cousas, nin de lonxe. A creación de Hyde non é máis que o cumprimento dun desexo que o ser humano leva na parte máis interna da súa personalidade. Isto é, a posibilidade de separar o anaco, a componente poderiamos dicir escuro, de nós mesmos, coa finalidade de desátalo sen sentir culpabilidade de ningunha clase. O cal provoca un dilema moral que o autor aproveitou de forma soberbia.

É acaso ético querer desdobrarnos en dúas personalidades, unha delas psicopática, para a realización das nosas falcatruadas e anhelos máis profundos? Esta é unha das preguntas que na miña humilde opinión, todo ser humano se fai máis dunha vez na súa vida.



Pero, digo eu, non é tamén xenuinamente humano o desexo de podernos liberar do remordemento?

Esta cuestión obrígame a falar do significado dese concepto. A culpa é unha soga encargada de asfixiar o ser humano. Non obstante,  é, ao mesmo tempo, dende unha perspectiva negativa da humanidade, a encargada de gardarnos de ser unhas criaturas despiadadas e vingativas que viven para tomar represalias. Despois está quen se vale desta emoción para controlar os demais.

No caso de Jekyll sería a necesidade de sentirse libre a que escravizaba ao doutor, coma unha forza manipuladora, transformándoo en alguén capaz de facer calquera cousa mentres adoptase a forma do psicópata: Hyde. Pero a acción contedora da culpa e a propia conciencia do personaxe obrigan a Jekyll a suicidarse para previr aos outros do lado cruel que tanto aborrecía.

Jekyll só quería liberarse da súa bondade restritiva, aferrándose á vida e rexeitando as regras dunha sociedade protocolaria na que o honor e a xenerosidade son valores elementais para a supervivencia.

Proba disto é o final, onde arremete contra o desventurado Jekyll polo seu grao de “inmoralidade”.

A pesar do moito que Stevenson condea o inocente desexo do doutor, non creo que se poida categorizar como inmoral. O que realmente foi inmoral é ter permitido que ese sentimento de euforia e liberación lle impedise ver que se estaba a converter nun monstruo.

Rematando xa, este é un grandísimo libro cuxa lectura fai que nos reformulemos moitos aspectos da humanidade. Somos capaces de crear varias posturas opostas e contraditorias e iso é o que permite o estado reflexivo que nace ao final.

Con todo, e malia ser unha novela maravillosa, non é tan boa mentres a estás lendo como cando xa a tes rematada. Ao meu ver, a obra só se pode valorar despois de ter pasados uns vinte minutos do seu remate. Polo que recomendo encarecidamente a súa lectura íntegra.

                        Ainhoa Grandío Álvarez, 1º de Bacharelato.