luns, 16 de marzo de 2015

UN LIBRO CADA SEMANA



UN LIBRO (OU UNHA PELÍCULA BASEADA NUN LIBRO) CADA SEMANA

SEMANA DO 16 AO 20 DE MARZO DO 2015

A CLASE

Recentemente  vin a película “A Clase”, baseada no libro do mesmo título do autor François Bégaudeau.
Gustoume moito a película porque puiden ver un pouco máis como son os institutos noutros lugares, neste caso en Francia. Teñen distintos sistemas de aprendizaxe e métodos diferentes para valorar os alumnos. O comportamento do alumnado cando contestábanlle ao profesor é moi rebelde. Había unhas nenas e un neno que destacaban na película. Ás nenas non lles gustaba que o profesor estivese encima delas todo o tempo, outras non se cortaban co que querían dicir pero todos defendíanse uns a outros.
O profesor da película preocupábase polos seus alumnos, aínda que está cansado do seu comportamento. Quere ou intenta axudalos a ser un pouco mellores en persoa.
O que non me gustou é que o profesor para dicir descoidadas ás delegadas utilizou a expresión de “golfas”, xa que ten outros significados, e non me pareceu moi adecuado para o que quería dicir.
Houbo unha diferenza entre ese colexio de Francia e o de aquí. Os alumnos alí eran máis abertos cando falaban co profesor e mostrábanlle a súa rebeldía. Aquí poucos son os rebeldes co profesor. Cando facían as avaliacións, aparte de estar os profesores, tamén acudían as delegadas da clase opinando sobre os alumnos.

                               Jaqueline Micaela Calle Francisco. 3º da ESO.


mércores, 11 de marzo de 2015

O faro enlaza a Quérote+

E non só iso, senón que te invitamos a que engadas a túa conta de twitter (@querotemais), ou Facebook: facebook.com/querotemais 


http://xuventude.xunta.es/querote-mais.html

Visita á páxina web facendo clic no logo. Verás unha morea de iniciativas pensadas para ti e mais para os teus pais.

martes, 10 de marzo de 2015

CONMEMORACIÓNS



8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES


A MULLER QUE ADMIRAS






O equipo da Biblioteca Escolar do noso Instituto conmemorou o Día Internacional das Mulleres, organizando unha campaña titulada “A muller que admiras”. Nela participaron alumnas, alumnos, profesoras e profesores. A todos, parabéns!


(Alumnas de 2º D Bach. programan a elaboración dun mural sobre Rosalía)


Entre as mulleres escollidas houbo nais, avoas, científicas, unha directora de cine, unha muller dedicada á música, unha pintora e, non  podía ser menos, estivo presente Rosalía.




Quedamos con ganas de repetir o ano que vén. Confiemos en avanzar, paseniño pasaniño, no camiño da igualdade e o respecto mutuo.
 (Todos estes murais de mulleres científicas de distintos tempos e lugares do mundo, fixéronos tomando como base uns marca páxinas que lles regalaron aos nosos alumnos na última visita ao MUNCYT)
(Alumnos de 3º da ESO  traballando nos seus carteis para o 8 de marzo, fotos de M.S. García)


CONCURSO GAÑAPUNTOS

CONCURSO GAÑAPUNTOS
SEMANA VIXÉSIMO SEGUNDA

En ti comparto os días e os silencios,
as mañáns transparentes, as futuras.
[O poeta refírese á Linguaxe: pero podía referirse ao libro]

En 1902, os membros da famosa e coruñesa 'Cova Céltica' homenaxeaban a un ilustre arqueólogo e filólogo portugués. PREGUNTA: Como se chamaba o homenaxeado? (1 punto)
(Esa información tédela a man visitando a páxina web da Real Academia Galega)

luns, 9 de marzo de 2015

UN LIBRO CADA SEMANA





 




Este libro, que trata de ensinarnos a realidade da pobreza no mundo así como as dificultades que nos esperan ao longo da vida, narra a historia dun neno de cinco anos chamado Zezé que naceu pobre e nunha familia de sete individuos.

O seu pai, despedido do seu emprego, foi o causante da amargada vida que tivo pola falta de cartos.

Non obstante, el e a súa familia non se renden e comezan a traballar pra poder manter a casa. De alí a un pouco, deciden mudarse e, neste momento, Zezé atopa o seu primeiro aínda que extraño amigo: Minguiño, a planta de laranxa lima.

A partir dese momento, a vida do neno foi a mellor. O seu tío, Edmundo, descubriu que aínda que non lle ensinaran Zezé sabía ler e, unha vez na escola, simpatizou coa súa mestra.

Máis tarde aconteceu o mesmo co señor Ariovaldo, o cantante, e non tardaron en facer as súas cantigas en dueto. A este seguiulle Manuel de Valadares, un Portugués cun coche luxoso ó que lle xurou a querra pero, ao descubrir as súas outras facetas, quereuno mesmo coma a un pai.

Pero, como a vida non é sempre doce e alegre, a traxedia aconteceu. O seu irmán Totoca contoulle que, ao ensanchar as rúas, ían cortar a súa planta de laranxa lima. Zezé non llo creu e decidiu sair a xogar.

Preto da estación do tren estendíase o rumor de que o Portugués morrera atropelado polo Mangarativa, o tren máis rápido e forte da liña, e non tardou en chegar aos oídos de Zezé. Afectoulle tanto que enfermou, sopesando a idea de que se a vida era tan mala, Minguiño tamén podería morrer. Estivo a pouco de finar, e cando se recuperou a súa irmá deulle a primeira flor da súa planta de laranxa e lima. Non só foi a primeira, tamén a derradeira.
(Marcos Freire, 1º da ESO)

martes, 3 de marzo de 2015

CONCURSO GAÑAPUNTOS


CONCURSO GAÑAPUNTOS
SEMANA VIXÉSIMO PRIMEIRA

“A sexta felicidade para min tamén  é saber que me espera na casa un bo libro”

Pregunta: Como se titula a película que protagonizara Ingrid Bergman na que aparece esa frase precisamente, “a sexta felicidade”? (1 punto)

UN LIBRO CADA SEMANA


SEMANA DO 2 AO 6 DE MARZO.

Ola, chámome Martín Sáez López e vouvos falar de “El valle de los lobos”,  de Laura Gallego.  É un libro moi interesante, gustoume moito.  Gran parte da acción transcorre no bosque. Non hai un personaxe que destaque como protagonista absoluto, hai moitos personaxes, tanto adultos como nenos. De todas formas, eu destacaría a Dana. Ela sabe sempre o que ten que facer. É boa persoa, intenta salvar ao seu amigo. Non o logra, pero fai todo o que pode.

Martín Sáez, 1º da ESO.