luns, 21 de xullo de 2014

UN LIBRO CADA SEMANA

UN LIBRO CADA SEMANA (21-25 DE SANTIAGO)




“Antes dije que el dolor es una estación de paso. Ahora creo que puede ser también un punto de partida”.





   A novela que vos quero recomendar titúlase En tiempos de prodigios e foi publicada no ano 2006 por Marta Rivera de la Cruz, unha escritora galega (Lugo, 1970) cunha traxectoria moi interesante.

     A obra cóntanos dúas historias: por un lado temos a Cecilia, unha moza que perdeu recentemente á súa nai,  rompeu coa súa parella e se encontra nun momento persoal difícil e complicado. E, por outro lado, temos  a Silvio, un ancián, avó da mellor amiga de Cecilia, que queda só durante un verán e ao que Cecilia ten que visitar semanalmente para comprobar que se encontra ben atendido. Nesas visitas que a protagonista realiza ao ancián irá descubrindo unha vida e unha historia extraordinaria que percorre España e Europa durante unha etapa tan tráxica como é o nazismo, a Guerra Civil, etc.

     A historia de Cecilia é a máis conmovedora do libro: a perda da súa nai contada desde o inicio da enfermidade e como pouco a pouco toda a familia ten que aceptar a súa desaparición convértese, ao final del libro, nunha  marabillosa homenaxe á nai. Non é un libro que busque emocionarnos  porque si, é un libro que nos emociona porque transmite sentimentos reais, e, aínda que se ten escrito moito sobre a relación nai-filla, poucas veces me teño encontrado cun relato tan fermoso sobre este feito.

     A historia do ancián Silvio, que vai debullando os recordos aproveitando unha vella caixa de fotografías que lle vai ensinando á rapaza que o visita, é fermosa e interesante ao mesmo tempo. Está chea de personaxes curiosos, de humor, de tristeza, de historia e, en definitiva, de vida.

     Cando a novela vai avanzando, vemos que Cecilia  e Silvio se axudan mutuamente a curar as súas feridas: ela aprende a aceptar as súas derrotas e o ancián encontra a  oínte que necesitaba para descargar a súa conciencia.

      Como ocorre en moitas novelas de Marta Rivera de la Cruz, parte da historia transcurre en Ribanova que é o nome que recibe a recreación de Lugo nas novelas  desta autora. E este espazo ten sempre un toque máxico e misterioso que, neste caso, se complementa cuns personaxes peculiares que chegan ao lugar e que nos van ofrecer unhas historias estupendas.

         Non é un libro triste, é unha novela que, partindo da perda da nai, se converte nun canto á figura materna,  a unha vida intensa e dedicada aos demais, é unha mostra de recoñecemento á súa nai e unha superación da súa perda. Cando encontras un libro que te fai chorar, rir e desexar que a obra nos termine, daquela deches cunha marabillosa lectura e iso é o que eu vos recomendo con esta novela.

                                (María Luisa Varela Barroso, catedrática de Lengua Castellana y Literatura no IES 'Eusebio da Guarda' da Coruña).

luns, 14 de xullo de 2014

UN LIBRO CADA SEMANA (14-18 DE XULLO)

UN LIBRO CADA SEMANA



Ola, son Susana Piensos e voume referir brevemente a un dos meus libros favoritos. É "Crónicas marcianas", de Ray Bradbury. Publicado en 1950, narra a colonización de Marte, por parte dos terrícolas, entre 1999 e 2026. Trátase dunha obra de ciencia ficción que, lida hoxe,  época en que se desenvolvería a  súa acción, resulta encantadora pola inocencia coa que pinta as viaxes interplanetarias e a vida en Marte. A obra está moi ben escrita , alternado capítulos de fermoso lirismo con outros de áxil estilo narrativo, moi cinematográficos. Pódese desfrutar como  obra de puro divertimento pero tamén como crítica da  soberbia do ser  humano, que tenta de impor a súa "civilización" mesmo alí onde xa existe outra. Non podo dicir o que non me gusta porque me gusta todo; é un clásico da narrativa do século  XX  .   
Susana Piensos, prof. de lingua e literatura.

luns, 7 de xullo de 2014

UN LIBRO CADA SEMANA (7-11 DE SANTIAGO)



Dime quién soy, Julia Navarro



            En el año 2014 la escritora Julia Navarro publicó su tercera novela, “Dime quién soy”. Una obra que cuenta la historia del mundo desde la caída de la Segunda República española hasta la desaparición del Muro de Berlín y, a su vez, cuenta la historia de Amalia Garayoa, la protagonista indiscutible de la novela.


            La trama comienza cuando una tía de Guillermo Albi le ofrece un trabajo de periodista haciendo una biografía sobre una anciana. Éste acepta recorriendo un sinfín de lugares: Madrid, Barcelona, Buenos Aires, Londres, París, Moscú, Portugal y Berlín. En esos países se encontrará con diferentes personajes que le contarán sus conocimientos sobre la vida de esa mujer, una vida muy intensa y bastante entretenida que no tiene nada que envidiar por los muchos sufrimientos que tuvo que pasar. En algunas ocasiones hasta sentiremos pena por ella y sufriremos lo mismo que ella.

            Los personajes están bien tratados, la trama cuidada, hay muchos diálogos. En mi opinión la única crítica negativa que  se le podría hacer es que muchos personajes que cuentan la historia en primera persona como testigos relatan hechos que es imposible que ellos conozcan con tanta exactitud porque no habían estado presentes, a pesar de esto es una historia que emocionará a más de uno y el lector que decida leerlo no querrá separarse del libro hasta que haya terminado la última página.

            Aunque sea un libro con una densidad considerable, 1097 páginas, se lee muy rápido gracias a la técnica que Julia Navarro utiliza en cada novela que escribe.

            Actualmente ha publicado la novela “Dispara yo ya estoy muerto” que se podría decir que es todavía mejor pero para comenzar a conocer a esta autora y periodista política es mejor empezar con “Dime quién soy”.





             Pablo Enero, 2º C Nocturno



           
           

mércores, 2 de xullo de 2014

CRÓNICAS VIAXEIRAS DOS CAZATESOUROS



CRÓNICAS VIAXEIRAS DOS ‘CAZATESOUROS’ 

Visitei Porto. Gustoume moitísimo, e o portugués máis ou menos o entendía case todo. É unha cidade moi bonita: a un lado está Gaia, que é máis moderna e enfronte Miragaia, que é máis vello, pero igualmente fermoso. Comín paella de bacallau, e “francesinhas”, unha especie de sándwich envolto en queixo que leva carne, chourizo e unha salsa, moi rico.
Museos non visitei, nin puiden entrar nas librerías porque nos coincidiu en domingo. Queda iso para outra vez. Pero si fixen algunha compra: unha figuriña dun barco, un imán para a neveira e una libreta cunha foto do Porto na portada. Pregúntanme se os portugueses son guapos. A verdade é que non me fixei moito… Si que me impresionou Porto, é unha cidade espectacular.
Julia Barral Ávalos
                                                                                 

Eu estou de campamento, e un raposo pilloume un dedo. En serio. Era pola tarde. Estou en Chichester, no sur de Inglaterra. Somos trinta españois (nenos e nenas), catro rusos, un italiano e dous ingleses. De momento temos 180 minutos de clase práctica de inglés, e outras tres horas de actividades físicas. As casiñas nas que estamos instalados están moi ben e non vai frío. A comida pódese mellorar. Non trouxen libros pero si unha libreta. Foi aquí, ao lado da casa, onde me mordeu o dedo o raposo. Que conste que non atacan, son mansiños; eu estaba de cócoras e achegouse buscando comida. Non era a primeira vez que vía un raposo, cando era pequeno en Cobas tiñamos un de mascota, e alimentabámolo con filetes. Do topónimo (Chichester) o único que sei é que ten a terminación típica que aparece noutros, Winchester, Westiminster, pero non sei o que pode significar Chich-
Pregúntanme se xa visitamos a catedral, a verdade é que aínda non, iremos mañá.
 Andrés Lois Graña Sánchez.