É unha serie
baseada na novela de Chris Bohjalian.
É unha historia
de suspense centrada na voráxine que vive Cassandra Bowden, a súa protagonista, que é azafata de voo, tras despertar nunha habitación dun hotel en Bangkok.
Tras despertar sen recordar nada da noite pasada, dáse conta de que está chea
de sangue, xa que á persoa con quen pasou a noite, que era un pasaxeiro do seu
voo, matárono. Rapidamente recolle as súas cousas para coller o voo de volta a
New York co resto da tripulación, pero o que non sabe é que o FBI a está
esperando para facerlle unhas preguntas sobre a morte do pasaxeiro... E se realmente é ela a asasina?
Unha serie que é
moi recomendable de ver para as persoas ás que lles guste o suspense, xa que até o capítulo final te mantén en vilo. Ideal para as calorosas sobremesas de verán.
P. M. L-P.
Ningún comentario:
Publicar un comentario