Baseada en feitos reais, a chegada a unha pequena aldea dunha parella de franceses, na busca dunha vida apracible, altera a convivencia cunha familia de veciños oriúndos do lugar. Ao chocar intereses e criterios canto á implantación de eólicos, comezan a axexar e acosar ao home até darlle morte.
Territorialidade. Poder. Loitas. Orgullo. Envexas. Medo. Morte. A escalada da violencia que vai desde o sarcasmo e a ironía até o asediar e matar. O masculino "ao besta" e os perigos de considerar o outro coma "o inimigo", ou ao "outro porque non pensa igual"e, por riba "é o de fóra, o estranxeiro..."
E a débil forza do feminino, a voz de fondo que non se escoita e non se ten en conta, a da conciliación, a do "basta xa", "isto non me gusta", "ímonos de aquí", e a lealdade até ao infinito, a de "acepto o que non me gusta porque te quero", o non poder dicir que NON, o ser testemuña muda ante a barbarie, a indefensión ante AS BESTAS.
A vida (mesma).
Excelente interpretación dos actores e desenvolvemento da historia, tinxida de tensión e drama até ao último minuto.
M. P.
Ningún comentario:
Publicar un comentario