domingo, 13 de febreiro de 2022

Unha serie cada semana...ou cada mes..."30 monedas"


 

É unha serie española de misterio e terror ambientada  en Pedraza, unha  vila  cerca de Segovia,  onde a traxedia se centra no Padre Vergara, un exorcista, boxeador e ex presidiario que é trasladado  a esta vila  remota.

A vida de Vergara é normal ata que se lle relaciona cuns  estraños fenómenos paranormais  que ocorren en Pedraza. O sincero Paco, que é o alcalde da vila, e a veterinaria, chamada Elena, intentarán sacar á luz os segredos do pasado do Padre, así como saber o significado dunha moeda vella que Vergara esconde.

Pronto, estes tres introdúcense nunha conspiración global, que chega ata ao Vaticano, polo control das trinta moedas.  Estas reliquias malditas, cun gran poder, foran as causantes da traizón do Apóstolo Xudas a Xesús de Nazaret.

 Unha serie que, se che gusta moito o misterio mesturado cun pouco de terror,  é obrigatorio ver.

                         Pablo Miñambres López-Perea.


Ningún comentario:

Publicar un comentario