domingo, 23 de febreiro de 2020

Un libro cada semana...ou cada mes..."A rapaza do tren"



 Estabas no tren 8.04? Viches algo sospeitoso? Raquel, si.
 Raquel sempre toma o tren ás  8.04. Todas as mañás o mesmo, a mesma paisaxe, as mesmas casas...a mesma parada no sinal vermello...Son só uns segundos, pero permiten ver unha parella almorzando tranquilamente na súa terraza.
Ela sente que os coñece e inventa algúns nomes para eles: Jess e Jason. A súa vida é perfecta, non como a dela. Pero un día ve algo. Ocorre moi rápido, pero é suficiente. E se Jess e Jason non son tan felices como pensa? E se nada é o que parece?
 Non a coñeces. Ela a ti, si.
Tiña este libro na miña lista de pendentes, e este Nadal puiden lelo, especialmente por insistencia dun amigo que quería saber o que pensaba e  sobre todo se puiden descubrir o asasino.
É un libro que me parece moi realista pola mensaxe que garda entre as súas páxinas: ninguén ten unha vida perfecta por moito que o aparente. As aparencias son enganosas.
Os personaxes son moi realistas. Ver a través de cada un como se desenvolve a historia ofrécenos unha visión completa, aínda que non fai senón aumentar as pistas para o lector, mesmo se algunhas poden complicar a resolución do quebracabezas que é este libro.
                             
            Laura Lombardero Gestal, 1º Bacharelato A Adultos.
 
 
 
 
 
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario