martes, 1 de xaneiro de 2019

Un filme cada semana...ou cada mes..."Figuras ocultas"

   Nesta película, ambientada nos anos 60, en USA, imos ver exemplos de superación, baseados en feitos reais. Trata sobre as calculadoras, unhas mulleres negras que traballan na NASA facendo cálculos matemáticos para axudar ao home a  chegar ao espazo.
   Estas mulleres traballan e viven en condicións moi duras, pola época na que viven, e aínda así chegan a ser as primeiras en traballos que permiten saír ao espazo. E no só teñen problemas laborais, senón discriminacións dos brancos, tales como cafeteiras, tazas, baños,salas, bibliotecas, parte de atrás dos autobuses...e mesmo que un home negro se sorprenda de que un traballo tan importante o faga unha muller.
   Paréceme admirable a forza, a superación e que, pese a todo,  sorrían; é incrible, porque non só teñen que ir ao traballo, senón tamén unha familia da que coidar.
   Só podo admirar a súa forza e dicir: grazas por ensinarnos que, aínda que o camiño é duro, todo se pode conseguir, sen importar as circunstancias.
 
                              Juan Pardo Lage. 1º Bacharelato Adultos.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario