luns, 2 de xullo de 2018

Un libro cada semana...ou cada mes..."O asasinato da profesora de Lingua"

 



  O libro trata dunha profesora de Lingua que se propón un falso asasinato para dar unha lección aos seus alumnos, que non len libros e non traballan. Coa complicidade da directora e o xefe de estudos, anuncia que ás oito da tarde matará a alguén da clase, se antes non conseguen resolver oito probas relacionadas coa literatura.
  No libro hai varios personaxes, desde a profesora, sabia e astuta, con paixón polos libros, a varios alumnos, que non temen as difíciles probas, e outros menos valentes...A acción dura un día, e desenvólvese no instituto e nas rúas da cidade.
   Paréceme un libro entretido, polas numerosas probas ás que están sometidos os alumnos, algunhas, mesmo tentas facelas ti, e aprendes cousas que non sabías,  xa que son de literatura. É curioso o título, xa que cres que os alumnos son os que van matar á profesora, e resulta ser ao revés. En resumo, o libro "engancha" porque queres saber o final e ademais, é fácil de ler.
 
                                                                  Jesús Mocerino, 3º ESO V.
   .

Ningún comentario:

Publicar un comentario