mércores, 1 de febreiro de 2017

Un libro cada semana...ou cada mes..."Jacinta la pelirroja" de José Moreno Villa.




   Por veces encontras, por casualidade, un libro que te engaiola. Iso pasoume a min con Jacinta la pelirroja, que descubrín hai xa moito tempo, na feira do libro de ocasión, nun fermoso  volume da editorial Turner e que me chamou inicialmente a atención polo curioso título...
   Trátase dun poemario ilustrado polo autor, publicado en 1929, no que Moreno Villa poetiza a breve historia de amor que viviu cunha fermosa norteamericana. Aínda que foi unha historia sen final feliz, no libro, que se pode encadrar nas vangardas, abunda a frescura, o humor, tan característicos deste movemento:" Jacinta muerde una tostada (...) y me da la parte mordisqueada...". Hai alusións á cultura da época, coma o jazz: "Eso es / bailaré con ella / el ritmo roto y negro / del jazz..."; o cine:" Aunque luego te vea palidecer / ante un drama sentimental / donde Gilbert, John Gilbert / sufre la derrota de una estrella fotogénica"; a arte:" Para su casa rectilínea / Jacinta compra un Picasso a tres tonos...".
   Xunto a estes versos lixeiros, case antipoéticos (outro rasgo vangardista), outros cheos de sentimento: "Si manoteas en el aire, Jacinta, /puedes herir a un alma que pasa...""Así es Jacinta (...) nadie le conoce el amor / sino el que comparte su penumbra tibia (...) sólo uno conoce el declive / de su alma cuando amor la visita."
   É un libro fermosísimo, ao que volvo constantemente e que de cada vez me sorprende, emociona e engaiola como a primera vez. 
Susana Piensos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario