martes, 19 de abril de 2016

Affiche ton français



Diversos alumnos do noso centro están a participar nestes días no concurso "Affiche ton français" celebrado polas "XXX Journées pédagogiques" organizadas pola Asociación de profesores de francés que se levarán a cabo nesta fin de semana (15 e 16 de abril) en Santiago. A temática do concurso deste ano trata sobre grandes persoeiros das letras e a cultura francesa. Despois de seren seleccionados os mellores traballos polo profesorado de departamento de francés, agardamos que o noso centro acade algún dos premios das distintas categorías. ¡Sorte rapaces! 
(Texto: Chus Quintáns. Fotos: Mario S. García)

Ningún comentario:

Publicar un comentario